Mostrando entradas con la etiqueta IGUALDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IGUALDADE. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de junio de 2020

IGUALDADE DE XÉNERO



Cal é a diferenza entre xénero e sexo?

  Para a maioría dos nenos, ser home ou muller é algo que sente moi natural. Cando nace un bebé asígnaselle o xénero, masculino ou feminino, de acordo coas características físicas. Isto refírese ao "sexo" ou ao "xénero asignado" do neno. Mentres tanto, a "identidade de xénero" refírese ao sentimento interno que as persoas teñen de quen son.


Para comprender mellor as diferentes situacións,temos que distinguir unha serie de termos a este respecto:



Expresión de xénero: formas de manifestar o xénero dunha persoa, que se manifesta nas maneiras de falar, mostrarse ante outras persoas, vestirse, a elección de xoguetes ou as actividades que prefire.

Identidade de xénero: é o sentimento íntimo de identificación como home ou muller, independentemente dos xenitais ou a dotación cromosómica que a persoa posúa.

 Identidade rexistral: é a que se fai no momento do nacemento.

Transexualidade (Trans*): é a situación na que se atopan as persoas cuxa identidade rexistral non coincide coa súa identidade de xénero.

Cisexualidade: é a situación na que se atopan as persoas nas que as súas identidades, rexistral e de xénero, son coincidentes.

Orientación sexual:
é a atracción emocional, romántica, sexual ou afectiva cara a outras persoas.

 É importante destacar que a condición de persoa transexual non é      deliberada ou caprichosa. Tampouco é un trastorno mental nin
 do comportamento. É unha condición coa que se nace.



No caso de moitos menores cunha identidade de xénero diferente da asignada no nacemento, xa desde a primeira infancia empezan a sufrir unha incomodidade e incluso un malestar intenso co seu corpo e coa forma na que son percibidos pola súa familia e contorna.
A manifestación en menores de desconformidade coa sua identidade de xénero pode supoñer, en determinados casos, unha situación de especial vulnerabilidade e chegar a provocar problemas como o rexeitamento social ou mesmo acoso por parte dos compañeiros e das compañeiras, que incide nas experiencias educativas.
Polo tanto ,debemos traballar para que esto non suceda,atendendo á diversidade e á inclusión. E ,sobre todo,é fundamental que se parta dun principio básico : o respecto!

A continuación deixamos algunhas curtas e contos para que poidades reflexionar sobre o que acadamos de describir.




Neste vídeo, coñecemos a un neno ou nena (non o sabemos con seguridade) que vai cun vestido a clase e as reaccións da xente á súa ao redor: o resto da clase, os seus proxenitores, a súa profesora, o director… Este curto sérvenos para reflexionar sobre os estereotipos de xénero e concienciar sobre as dificultades do alumnado trans* tanto na súa contorna escolar como coa súa familia.

Na seguinte animación explícao moi ben:



Para os nenos máis pequenos a literatura pode servir para ensinar a naturalizar a todo tipo de persoas diversas dende a primeira infancia. A editorial Baixo o arcoíris, por exemplo, ten moitos contos en descarga gratuíta par tratar temas LGBT que os nenos e nenas reciben sempre moi ben.
Neste caso, A familia de Martin dá voz a un gato abandonado que é adoptado por unha parella de cans que á súa vez viven nunha casa dunha parella de mulleres. Trátase a adopción, as familias diversas e faise entender que toda a xente pódese querer a través das súas diferenzas.






Moitos bicos ,familia!

jueves, 11 de junio de 2020

TRABALLANDO A IGUALDADE

Cortos para traballar en igualdade

Traballar en igualdade desde idades tempranas é, sen lugar a dúbidas,unha das mellores armas para previr actitudes sexistas e ata evitar en certos casos a violencia de xénero.Aquí déixovos unhas cantas historias en forma de curtas para traballar cos nenos e nenas de Primaria.

¡Agardo que vos sexan útiles!


O Príncipe Ceniciento: Esta historia móstranos unha versión diferente do tradicional conto de "A Cenicienta". Este novo enfoque do conto ten un gran valor educativo para traballar a igualdade, compartir as tarefas da casa e eliminar estereotipos sexistas sobre roles de homes e mulleres.








Gazpacho: A falta de empatía e asertividad fan que nesta historia unha muller séntase ignorada e pouco querida polo seu marido. A violencia de xénero non ten por que ser física, ás veces pode ser tamén psicolóxica. Pero fai ben esta nai descargando toda a súa ira contra o marido diante do seu fillo?. É un curto ao que podemos sacarlles moitas lecturas e que, sen dúbida, pode xerar un bo debate en clase sobre valores familiares.












Amor: Penso que é o broche ideal para falar de amizade. Atopar na túa parella a ese amigo que nunca che vai a fallar, esa persoa na que pensas antes que en ti mesmo, á que llo darías todo sen esperar nada a cambio e á que intentas comprender por encima dos teus intereses. Este mes de febreiro celebramos o día dos namorados e é outra "modalidade" de amizade moi intensa e que é fundamental para a nosa felicidade.













Slap Her: Cando poñen a un neno fronte a unha nena e pídenlle facer cousas cariñosas ou agradables nino pensa. Qué pasa se lle dicímos que lle dunha bofetada? Ningún neno nace maltratador pero todo apréndese nesta vida. Eles saben perfectamente o que está ben e o que está mal, pero a contorna pode acabar sendo o que condene a súa inocencia. Polo menos para pensalo.









lunes, 8 de junio de 2020

IDENTIFICA OS ESTEREOTIPOS.


Na nosa vida diaria atopamos moitos estereotipos que xa criamos desterrados.Pero...

Reflexionamos sobre os estereotipos con este xogo