jueves, 1 de octubre de 2020

Hoxe queremos compartir convosco unha poesía de Manu Velasco, un profesor galardoado.

Manu Velasco defínese como un mestre cos pés na terra e a cabeza nas estrelas. Unha vocación alimentada da «tenrura dos seus alumnos» e expandida polo ancho universo dixital.

Esperamos que vos guste !

lunes, 28 de septiembre de 2020

XOGO PROTOCOLO COVID

Como todos xa sabedes , no cole temos que seguir un protocolo COVID , que consiste en adoptar unha serie de medidas que nos permiten protexernos os uns dos outros.
Aínda que estamos seguros de que coñecedes perfectamente o que debemos facer , suxerímosvos este divertido xogo para repasar o protocolo COVID.
Para acceder a él ,clica na imaxe.


martes, 22 de septiembre de 2020

Crebacabezas de Outono

Chega unha nova estación, o outono, e con ela , novas actividades.

Hoxe propoñémosvos a realización dun bonito crebacabezas de outono.

Animádesvos ?

Par acceder á actividade , clica na seguinte palabra:

lunes, 21 de septiembre de 2020

XOGAMOS?



A chamada nova normalidade chegou para quedar e tráenos novas normativas ás que debemos adaptarnos, tamén nas actividades de lecer e tempo libre destinadas ao público infantil.
A distancia á hora de relacionarnos e de xogar, axudaranos a evitar contaxios por Covid-19.
Ante esa condición imos necesitar, máis que nunca, a actitude lúdica para facer que eses dous metros non sexan unha limitación senón un reto co que convivir.
Os xogos que vos propoñemos respectan esa distancia e poida que sexanvos de utilidade.



Esperamos que vos guste! 😊

viernes, 18 de septiembre de 2020

PASAPALABRA FONÉTICO

 

 Ola familias!!! 

Hoxe deixámosvos unha ligazón a un xogo moi divertivo, O PASAPALABRA

É unha actividade pensada para traballar a conciencia fonética dos máis pequenos ademais de ser moi simple e divertido. 

Se trada de escoller que imaxe das que nos facilitan comeza por cada letra.

Vos animades a xogar? Picade na ligazón para entrar ao xogo de Genially publicado por Comunicar-nos


PASAPALABRA


lunes, 14 de septiembre de 2020

Charlas de padres : etapa de educación infatil

 GRAFOMOTRICIDADE

      A grafomotricidade ou desenvolvemento grafomotriz do neno ten como obxectivo fundamental completar e potenciar o desenvolvemento psicomotor a través de diferentes actividades. 

     Desta maneira prepáraselles para a posterior aprendizaxe da escritura. En nenos con necesidades específicas de apoio educativo ( NEAE), estas actividades potencian ademais a atención e a psicomotricidade fina fundamental no seu desenvolvemento. 

    Con estas novas fichas imos a partir de trazos sinxelos, comezando con trazos horizontais e verticais para continuar aumentando progresivamente a dificultade. Incluímos debuxos para que así os nenos e nenas as coloreen e resúltenlles máis atractivas.  

Picar na seguinte ligazón que vos levará a un caderno para reforzar os trazos das distintas letras.

CADERNO ORIENTACIÓN ANDUJAR