A continuación deixámosvos unha serie de pautas e actividades para que dende as vosas casas sigades traballando a lectura.
Ter unha boa postura, primeiro respirar profundamente e relaxarse antes de comezar, coller o aire suficiente, manter un ritmo axeitado, ler a modo e tranquilo, respectar as pausas, cambiar a entoación cada vez que sexa necesario...
Lectura silenciosa, consiste en realizar unha preparación previa da lectura, que despois realizarase oralmente; pódese facer isto coas lecturas da aula, dos libros de texto...
Lectura compartida, ler xunto a alguén na casa, un parágrafo cada un, ler primeiro o adulto e despois o neno/a, ler á vez...
Relectura, ler un texto dúas veces.
Escoitar lecturas gravadas ou gravalas co neno/a e despois detectamos os posibles erros.
Cronolectura, consiste en cronometrar un minuto de lectura e despois deterse, contar o número de palabra lidas e volver a ler o mesmo fragmento unha segunda e terceira vez, e ver si se reduciu o tempo.
Análise fonolóxico de palabras, ler palabras longas, complicadas, pouco coñecidas e separalas en sílabas, en letras, copialas, volver a escribilas...
Lectura de pseudopalabras, palabras inventadas.
Xogar a inventarse palabras, crear palabras a partir doutras existentes, completar palabras...e despois lelas en varias ocasións.
Ler utilizando unha tarxeta ou folla que tape os renglóns seguintes.
Ler un texto por partes, primeiro unha frase, despois ir aumentando e ler dúas frases, tres... ata acadar a fluidez e exactitude lectora, e así ata completar o texto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario