viernes, 3 de abril de 2020

ÉRASE UNHA VEZ....



Pictocuentos forma parte dunha serie de aplicacións desenvolvidas co fin de axudar a nenos que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral e que se comunican máis eficientemente a través de imaxes.

Partindo da emoción que suscita o mundo dos contos, e coa utilización de pictogramas, podemos axudar aos nenos para comprender mellor a súa contorna, así como estimular e exercitar todos os aspectos relacionados coa linguaxe.

Pictocuentos foi desenvolto polo Grupo Promedia e é un proxecto de carácter gratuíto e acceso libre.

Para acceder aos contos ,pinchar nos títulos:

Espero que vos guste!😍




jueves, 2 de abril de 2020



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP PRAZA DE BARCELOS REFÓRZA-T
Boas tardes, aqui deíxovos un novos exercicios. Espero que os encontredes de utilidade
Un saludo.


ACTIVIDADES 3º  4        DESCARGAR

ACTIVIDADES 4º  4        DESCARGAR

ACTIVIDADES 5º  4        DESCARGAR

ACTIVIDADES 6º  4        DESCARGAR

Hoxe,  día mundial da concienciación do autismo deixámosvos unhas infografías para entender mellor o que lle ocorre e que senten as persoas que teñen autismo.



Un recurso de gran utilidade para traballar con nenos e nenas que teñen dificultades de expresión oral, é o pictotraductor. Esta aplicación permite transformar frases en castelán en secuencias de imaxes. Todas estas oracións pódense imprimir, enviar por correo ou compartir en redes sociais.


Podedes acceder a el pinchando AQUI

Ademais, que mellor maneira de pasar as tarde de confinamento que visualizando una película de Pixar e/ou Disney que tratan sobre o autismo.


Cartel Float Pixar



Cartel Loop Pixar


Tamén podemos elaborar unha manualidade, porpostas por diversas entidades como ARASAAC, Fundación PotencialMente ou El sonido de la hierba al crecer, para colga nos nosos balcóns ou decorar as nosas xanelas:



Esperamos que vos gusten😉 

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.



Este ano, 2 de abril de 2020, celebramos o día internacional do autismo en medio dunha pandemia mundial, ocasionada polo COVID -19. Por este motivo queremos facilitar ás familias con nenos TEA , unha serie de consellos e recomendacións que, esperamos, sexanvos de gran utilidade.
Dentro de estas páxinas tamén podedes encontrar enlaces para realizar rutinas, xogos, traballo en mesa, manualidades, información adaptada do Ministerio de Sanidade, actividades de exercicio físico, de autonomía, receitas de cociña, etc.



Xa queda menos!!!!!😀

2 de Abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


Hoxe, 2 de abril celebrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, decretado polas Nacións Unidas co obxetivo de mellorar a calidade de vida tanto da poboación infantil coma a dos adultos que sufren esta discapacidade e así poderlles brindar unha mellor calidade de vida. 
Este ano para a campañ elixiron como lema “Puedo aprender. Puedo trabajar” e, como imaxe varias mans collendo diferentes ferramentas e utensilios, que representan as habilidades e capacidades de cada persona. 



Animo os alumnos e alumnas do CEIP BARCELOS a que xuntos colaboremos nesta campaña tan bonita. Para iso, un adulto debe sacarlle a foto ao alumno do cole cunha ferramenta na man que considere que ten habilidade, do que saiba facer mellor (lapis, peza de puzzle, pau de madeira, tesoiras,...) e subila a este blog a través dun comentario na porpia entrada. 
Un saúdo e animadevos!!

miércoles, 1 de abril de 2020

O VALOR DO RESPECTO NA SOLUCIÓN DE CONFLITOS

SEGUIMOS RESOLVENDO CONFLITOS





O conflito forma parte das relacións entre as persoas.

Todos temos diferentes opinións, valores, crenzas e expectativas. Por este motivo , aprender como afrontar os conflitos é moi importante para poder manter relacións sas cos demais.

Aquí deixámosvos unha plantilla de resolución de conflitos.

Pinchar aquí para descargar .

É tamén un mapa de solución pacífica de conflitos.


ESPERO QUE VOS GUSTE ESTE VÍDEO : "PONTE EN LOS ZAPATOS DE LOS DEMÁS".




MOITO ÁNIMO !😀

Aumentan os días de confinamento e sumamos conflitos¿?


Os conflitos forman parte do desenvolvemento dos nenos e nenas, e perduran ao longo das súas vidas.


A través da resolución dun conflito os nenos/as conseguen:

  • Desenvolven as súa capacidade para enfrontarse a dificultades.
  • Aprenden a escoitar, negociar e dialogar.
  • Desenvolven as súas habilidades sociais
  • Mellora a súa autoestima
Como familia; 
  • qué podemos facer¿? Consellos:
  1. Favorecer a comunicación
  2. Ser un exemplo a seguir
  3. Negociar
  4. Ler contos ou ver imaxes: nas cales os protagonistas teñan problemas. Identificando o problema, as posibilidades de resolvelo e cales son as consecuencias das mesmas.
  5. Utilizar o conflito que surxa para ensinar aos nenos/as a actuar: explicarlle o que debe facer a próxima vez
  6. Dar opcións:a traves das cales os nenos/as poidan elexir e aprenda a resolver a situación. Algúns exemplos:


  • cómo o poñemos en práctica¿?
  1. Identificando o problema: preguntar polo conflicto, recoller toda a información que poidas para ter unha visión obxectiva.
  2. Qué expresen cómo se senten
  3. Necesidade de que ambos sexan escoitados antes de actuar.
  4. Treboada de ideas: dar posibles solución ao conflito, valorando os seus inconvintes e ventaxas.
  5. Consenso de solución: elexir a opción que parece mellor entre todos.
  6. Pacto acordado: actuar de acordo coa solución escollida e valoración do ocorrido.
Coidádevos. Una aperta forte😉