lunes, 28 de septiembre de 2020

XOGO PROTOCOLO COVID

Como todos xa sabedes , no cole temos que seguir un protocolo COVID , que consiste en adoptar unha serie de medidas que nos permiten protexernos os uns dos outros.
Aínda que estamos seguros de que coñecedes perfectamente o que debemos facer , suxerímosvos este divertido xogo para repasar o protocolo COVID.
Para acceder a él ,clica na imaxe.


martes, 22 de septiembre de 2020

Crebacabezas de Outono

Chega unha nova estación, o outono, e con ela , novas actividades.

Hoxe propoñémosvos a realización dun bonito crebacabezas de outono.

Animádesvos ?

Par acceder á actividade , clica na seguinte palabra:

lunes, 21 de septiembre de 2020

XOGAMOS?



A chamada nova normalidade chegou para quedar e tráenos novas normativas ás que debemos adaptarnos, tamén nas actividades de lecer e tempo libre destinadas ao público infantil.
A distancia á hora de relacionarnos e de xogar, axudaranos a evitar contaxios por Covid-19.
Ante esa condición imos necesitar, máis que nunca, a actitude lúdica para facer que eses dous metros non sexan unha limitación senón un reto co que convivir.
Os xogos que vos propoñemos respectan esa distancia e poida que sexanvos de utilidade.



Esperamos que vos guste! 😊

viernes, 18 de septiembre de 2020

PASAPALABRA FONÉTICO

 

 Ola familias!!! 

Hoxe deixámosvos unha ligazón a un xogo moi divertivo, O PASAPALABRA

É unha actividade pensada para traballar a conciencia fonética dos máis pequenos ademais de ser moi simple e divertido. 

Se trada de escoller que imaxe das que nos facilitan comeza por cada letra.

Vos animades a xogar? Picade na ligazón para entrar ao xogo de Genially publicado por Comunicar-nos


PASAPALABRA


lunes, 14 de septiembre de 2020

Charlas de padres : etapa de educación infatil

 GRAFOMOTRICIDADE

      A grafomotricidade ou desenvolvemento grafomotriz do neno ten como obxectivo fundamental completar e potenciar o desenvolvemento psicomotor a través de diferentes actividades. 

     Desta maneira prepáraselles para a posterior aprendizaxe da escritura. En nenos con necesidades específicas de apoio educativo ( NEAE), estas actividades potencian ademais a atención e a psicomotricidade fina fundamental no seu desenvolvemento. 

    Con estas novas fichas imos a partir de trazos sinxelos, comezando con trazos horizontais e verticais para continuar aumentando progresivamente a dificultade. Incluímos debuxos para que así os nenos e nenas as coloreen e resúltenlles máis atractivas.  

Picar na seguinte ligazón que vos levará a un caderno para reforzar os trazos das distintas letras.

CADERNO ORIENTACIÓN ANDUJAR

 

 

 


Técnicas de relaxación para nenos por idades.

 Agora que empeza o cole e estamos un pouquiño nerviosos polo novo curso.....

Imos relaxarnos!

É importante que pais e fillos estean relaxados!

Os métodos de relaxación non só son bos para adultos, tamén son excelentes para nenos, pois permiten :

Aumentar a confianza nun mesmo.

Mellorar a calidade do soño.

Mellorar a circulación sanguínea.

Incrementar a memoria e a concentración.

Mellorar a calidade da aprendizaxe.

Diminuír a tensión muscular e mental.

Regular as enerxías do neno.

Axudar a vencer a timidez.

Favorecer na intervención de tics.

Despois de realizar unha actividade física, permite lograr un estado de tranquilidade e benestar físico e mental.

Reducir a ansiedade.

Mellorar o autocontrol.

Técnicas de relaxación para nenos por idades:

Buenas técnicas de relajación para niños

Centrarémonos nos nenos que están en idade escolar.

- Nenos de 3 a 7 anos

Técnica do globo: pedimos ao neno que imaxine que é un globo. Ha de inspirar moi profundo ata que encha completamente os pulmóns e non entre unha pinga de aire máis. A continuación ha de exhalar o aire moi amodo. Ha de repetir este exercicio varias veces. Unha técnica ideal para nenos con TDAH.
Técnica da tartaruga: o neno ha de asumir que é este animal. Colocarase no chan boca abaixo e dirémoslle que o sol está a piques de esconderse e a tartaruga ha de durmir, para iso ha de encoller pernas e brazos aos poucos, moi amodo, ata poñelos baixo as súas costas, que será o caparazón da tartaruga. Despois dirémoslle que xa é de día de novo e a tartaruga ha de emprender unha viaxe e por tanto ha de sacar pernas e brazos de novo moi amodo.
Formiga: o neno ten que facerse moi, moi pequeno e mover pernas e brazos coma se fose unha formiga. Cando o estea facendo, pedímoslle que relaxe os músculos e aos poucos se vaia convertendo noutro animal.
Debemos axudarlles durante as diferentes técnicas e ir dicíndolles o que teñen que facer.

- Nenos de 7 a 9 anos

Son nenos que xa teñen máis control do seu corpo e as súas emocións polo que podemos engadir técnicas máis complexas de relaxación .

Mindfulness: nesta etapa xa poden comprender algunhas actitudes da meditación, e pódese propoñer a práctica, xa en silencio, ou con algún audio de meditación guiado. É importante, en calquera caso, acompañarlles na meditación .
Mandalas: os nenos xa manexan a motricidade fina polo que, colorear mandalas, é unha estupenda actividade a realizar . Axuda a fomentar a concentración, a ter un control do corpo, desenvolve a paciencia e baixa o nivel de tensión e ansiedade. É tan sinxelo como imprimir algunhas mandalas e deixar que o neno sexa creativo á hora de colorealas.
Boneco de trapo: pedimos ao neno que imaxine que é un robot e ten que moverse como tal. Pasado un minuto dicímoslle que imaxine que é un boneco de trapo e represente como brazos, pernas e tronco reláxanse. Debemos colaborar con él e tentar levantar o seu brazo ou a súa perna que xa non é ríxida senón de trapo.
- Nenos de 9 a 12 anos

A esta idade podemos seguir axudándolles a practicar técnicas de respiración para relaxarse, que son fáciles de practicar antes dun exame, sen que ninguén se decate diso ou en situacións que lles alteren .
Propoñemos a técnica de relaxación muscular progresiva de Jacobson.
Pedimos ao neno que sente e estenda as mans sobre a xeonllos. Debe comezar a realizar secuencias de relaxación con diferentes partes do corpo.
1- Ha de pechar as mans fortemente ata sentir tensión e mantela durante 10 segundos, despois reláxase suavemente.
2- Boca: ábrese a boca e esténdese a lingua, despois reláxase.
3- Ombreiros: encóllense os ombreiros ata as orellas e libérase aos poucos. 4- Pescozo: leva ao queixo o peito e logo reláxase.
5- Pés: estíranse os dedos coma se quixésemos poñernos no bico dos pés, aguantamos e recuperamos a posición.
6- Respiración: inspírase profundamente durante uns segundos e expírase moi amodo.
7Costas: inclínase as costas cara a adiante, mantense a posición e recupérase.

Esperamos que vos sexan útiles!😃


viernes, 11 de septiembre de 2020

 



Aquí déixovos o enlace para solicitar a beca para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo: Que persoas poden acceder ás bolsas?. Para que estudos pódese solicitar...?

http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil/becas-ayudas-premios/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

jueves, 10 de septiembre de 2020

PREPARAR A VOLTA Á ESCOLA

 


Logo dunhas intensas vacacións  cheas de xogos e diversión , temos que retomar o tema de " a volta á escola".

Hai  que ir mentalizando as nenas e nenos deste feito. É moito máis positivo que veñan á escola que quedar na casa , pois vai a favorecer moitos aspectos :

 -O  desenvolvemento decomunicación oral e escrita,

-Capacidades psicomotrices,

-Resolución de problemas e conflitos,

-A seguridade , a empatía, a curiosidade ...

Dende a familia poderíase seguir as seguintes pautas para facer moito máis doado a volta as aulas:

 * Facilitar unha visión positiva do colexio : un lugar onde van a pasalo ben cos compañeiros e aprender cousas novas.

 * Visitas previas polos arrededores do centro sobre todo para os máis cativos e alumnado de nova incorporación. 

 *Hai que preparar de manera anticipada un período de adaptación para axustar os horarios: deitarse e  levantarse máis cedo.   

*Reducir o tempo adicado a TV, ordenadores, internet, consolas... 

 *Compartir a responsabilidade de preparar a mochila, etiquetar o material escolar.

*Preparar un espacio para o estudo.Ter o material ordeado-  

*O primer día da escola, intentalos levantalos antes para non ter que ir con moita presa. Esto agobia e estrésanos a todos.

*Coidar o momento da despedida que sexa breve ,agarimosa e tranquila 

*Escoitar aos vosos fillos .

 É habitual que sentan un pouco de medo ante o descoñecido, "en que clase vaime tocar, que profesor vou a ter, o curso vai ser difícil :  xa empezo as contas de multiplicar”…. É importante que  a nena e o neno sintan que as súas preocupacións son importantes para nós, que lles estamos escoitando, pero sen reforzalas. Unha vez que se desafoguen, hai que explicarlles que é normal estar un pouco nerviosa ou nervioso, pero que van a conseguilo, que van facer amigas e amigos e que nós, imos a estar ahí para axudar .

¡ Enfoquemos as cousas de maneira positiva voltar ao traballo e ao colexio pode ser moi divertido¡¡¡¡¡¡.


Combatendo ao Coronavirus, cos pictogramas de ARASAAC.

Co obxectivo de impedir o contaxio comunitario do Coronavirus, xorde a necesidade de explicar ás persoas con dificultades na comunicación e na accesibilidade cognitiva o que está a ocorrer con apoios visuais, no noso caso, cos pictogramas de ARASAAC: hábitos de hixiene para evitar a propagación e medidas para evitar o contacto .



martes, 8 de septiembre de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

 


                                                                  CURSO 2020-2021

¡ Xa estamos outra vez de volta !. A pesares de que promete ser un curso incerto , comenzámolo con moita ilusión e gañas de traballar.  Neste recuncho, trataremos de recopilar materiais , información e recursos que esperamos que sexan de utilidade para as familias ,  o alumnado e o profesorado.  
 
                                  COMPARTIR É IMPRESCINDIBLE PARA APRENDER

Pero retomando a idea de voltar á escola, este curso pode producir un bulebule de sensacións,  emocións e sentimentos dispersos: 

Por parte do alumnado

Alegría no reencontro cos amigos e amigas. 

Agobio, medo, ansiedade a ter que enfrentarse a novos retos: 

    - Unha nova etapa, un novo curso,  novos profesores, un novo colexio... 

Por parte das familias

Dúbidas, recelos .. . do que pode pasar na nova realidade co COVID 19.

Por parte do profesorado

Inseguridade, inquietude , medos a non poder controlar todas as variables que van influir  no proceso do ensino. Pero ao mesmo tempo ledicia, satisfacción ao atopar o colexio cheo de nenas e nenos. 

        É un momento moi delicado que requerirá moita paciencia, amor e moito sentido do humor.