Logo dunhas intensas vacacións cheas de xogos e diversión , temos que retomar o tema de " a volta á escola".
Hai que ir mentalizando as nenas e nenos deste feito. É moito máis positivo que veñan á escola que quedar na casa , pois vai a favorecer moitos aspectos :
-O desenvolvemento decomunicación oral e escrita,
-Capacidades psicomotrices,
-Resolución de problemas e conflitos,
-A seguridade , a empatía, a curiosidade ...
Dende a familia poderíase seguir as seguintes pautas para facer moito máis doado a volta as aulas:
* Facilitar unha visión positiva do colexio : un lugar onde van a pasalo ben cos compañeiros e aprender cousas novas.
* Visitas previas polos arrededores do centro sobre todo para os máis cativos e alumnado de nova incorporación.
*Hai que preparar de manera anticipada un período de adaptación para axustar os horarios: deitarse e levantarse máis cedo.
*Reducir o tempo adicado a TV, ordenadores, internet, consolas...
*Compartir a responsabilidade de preparar a mochila, etiquetar o material escolar.
*Preparar un espacio para o estudo.Ter o material ordeado-
*O primer día da escola, intentalos levantalos antes para non ter que ir con moita presa. Esto agobia e estrésanos a todos.
*Coidar o momento da despedida que sexa breve ,agarimosa e tranquila
*Escoitar aos vosos fillos .
É habitual que sentan un pouco de medo ante o descoñecido, "en que clase vaime tocar, que profesor vou a ter, o curso vai ser difícil : xa empezo as contas de multiplicar”…. É importante que a nena e o neno sintan que as súas preocupacións son importantes para nós, que lles estamos escoitando, pero sen reforzalas. Unha vez que se desafoguen, hai que explicarlles que é normal estar un pouco nerviosa ou nervioso, pero que van a conseguilo, que van facer amigas e amigos e que nós, imos a estar ahí para axudar .
¡ Enfoquemos as cousas de maneira positiva voltar ao traballo e ao colexio pode ser moi divertido¡¡¡¡¡¡.
No hay comentarios:
Publicar un comentario