martes, 8 de septiembre de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS

 


                                                                  CURSO 2020-2021

¡ Xa estamos outra vez de volta !. A pesares de que promete ser un curso incerto , comenzámolo con moita ilusión e gañas de traballar.  Neste recuncho, trataremos de recopilar materiais , información e recursos que esperamos que sexan de utilidade para as familias ,  o alumnado e o profesorado.  
 
                                  COMPARTIR É IMPRESCINDIBLE PARA APRENDER

Pero retomando a idea de voltar á escola, este curso pode producir un bulebule de sensacións,  emocións e sentimentos dispersos: 

Por parte do alumnado

Alegría no reencontro cos amigos e amigas. 

Agobio, medo, ansiedade a ter que enfrentarse a novos retos: 

    - Unha nova etapa, un novo curso,  novos profesores, un novo colexio... 

Por parte das familias

Dúbidas, recelos .. . do que pode pasar na nova realidade co COVID 19.

Por parte do profesorado

Inseguridade, inquietude , medos a non poder controlar todas as variables que van influir  no proceso do ensino. Pero ao mesmo tempo ledicia, satisfacción ao atopar o colexio cheo de nenas e nenos. 

        É un momento moi delicado que requerirá moita paciencia, amor e moito sentido do humor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario