Este conto é un recurso estupendo para aprender dende pequenos a relaxarnos, a atopar a calma e ser consciente de cómo nos sentimos, a través de exercicios, chegando o punto de calma e equilibrio necesario en moitos momentos.
ACTIVIDADES REFORZA-T: Bos días aquí envíovos unha nova tanda de exercicios para realizar na casa, son voluntarios. Espero que sexan do voso agrado e interese.Van dirixidos ao alumnado do programa Reforza - t . Un saludo o profesor Nicolás.
Presentámosvos 5 contos que forman parte da colección UN MUNDO DE EMOCIÓNS Cada conto fai referencia a unha emoción. Para acceder a eles, pinchamos nos títulos.
Que mellor maneira de comezar o fin de semana que cun reto familiar.
Invitovos a crear o voso:BOSQUE COVID-19.
C = Capacidade
O = Oportunidade
V = Vitoria
I= Inclusión
D= Diversidade
19= o número de árbores que queremos alcanzar.
Este reto consiste en debuxar/elaborar unha árbore, na cal escribamos una palabra positiva que nos axude ou necesitemos para afrontar xuntos esta batallla.
ANIMÁDEVOS! Esta actividade permítemos mellorar:
Comunicación: familiar, expresiva, escrita.
Memoria
Descubrimos os sentimentos e desexos dos participantes ante esta situación que estamos a vivir.
Se queredes compartir con nos os vosos debuxos, manualidades, etc, podedes mandalos o seguinte enderezo electrónico: dobarcelos2020@gmail.com. Subirémoslos ao blog ao longo da semana que ven.
3-Hixiene postural: Sentar ben á mesa de estudo favorecerá a concentración e evitará dores de costas.
4-Coñecer os obxectivos: Non estamos de vacacións, hai que coñecer ben os obxectivos para cumprilos, a través dos deberes que nos poñen os profes. Non se trata de agobiarse, con organización todo se leva mellor.
5-Ter un lugar adecuado para traballar . Asegurarse de que o neno dispón dun lugar tranquilo, ben ventilado e iluminado e que ten a man o material necesario ( papel, lapis, tesoiras.....).
6-Establecer un horario regular para facer os deberes e estudar. Facer pausas: traballar 25 minutos e descansar 5 e volta a empezar.Non hai que estar traballando todo o día , o descanso e a desconexión son importantes.
7-Pódese orientar aos nenos, pero son eles os que deben facer o seu traballo.
8-Evitar todo tipo de distraccións: televisor, teléfono,radio.....
9-Motivalos. 10-Eloxialos e reforzalos positivamente.