jueves, 26 de marzo de 2020

Preparados, Listos........RETO!

Que mellor maneira de comezar o fin de semana que cun reto familiar.
Invitovos a crear o voso: BOSQUE COVID-19 .

C = Capacidade
O = Oportunidade
V = Vitoria
I= Inclusión
D= Diversidade
19= o número de árbores que queremos alcanzar.

Este reto consiste en debuxar/elaborar unha árbore, na cal escribamos una palabra positiva que nos axude ou necesitemos para afrontar xuntos esta batallla.



ANIMÁDEVOS! Esta actividade permítemos mellorar:
  • Comunicación: familiar, expresiva, escrita.
  • Memoria 
  • Descubrimos os sentimentos e desexos dos participantes ante esta situación que estamos a vivir.

Se queredes compartir con nos os vosos debuxos, manualidades, etc, podedes mandalos o seguinte enderezo electrónico: dobarcelos2020@gmail.com. Subirémoslos ao blog ao longo da semana que ven.

Boa fin de semana😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario