martes, 28 de abril de 2020

Pesadelos nocturnos

Pesadillas y terrores nocturnos en el sueño de niños y bebés ...


¿Qué son os pesadelos? 

Os pesadelos son episodios desagradables e angustiosos que se producen, normalmente, durante a metade do sono nocturno, cando o cerebro está mais activo. Cando os cativos e cativas se despetan por un pesadelo recorda todo o sucedido ao detalle posto que as imaxes do soño ainda son moi recentes e poden parecer reais, creerán que ocorreu na vida real. Ademáis, están asustados,alterados, sudorosos, taquicárdico, con ansiedade, é moi común que chamen oas seus proxenitorespara que os consolen. Moitas veces resulta complicado conseguir que se volvarn a durmir polo medo a que se volva a presentar o pesadelo cando pechen os ollos. 
En total os pesadelos preséntanse no 17% dos nenos e nenas e un 4%  dos adultos. Polo tanto, a inmensa maioría das veces son normais e desaparecen co tempo.
¿Por qué se teñen pesadelos? 

Non se sabe exactamente qué é o que provoca os pesadelos. Estes parecen ser una das formas que os nenos e nenas procesan o que pensan e sinten sobre situacións que afrontan, e manifestan o que o que lles preocupa e inquieta. Poden ocorrer en diferentes situacións:
- cando están estresados/as ao afrontar un cambio importante
-ante acontecementos ou situacións que poidan resultarlles preocupantes como: mudanzas, cambio de escola, o nacemento dun irmá pequeno, separacións ou tensións familiares, entre outras.
- poden formar parte dunha reacción dun neno ou nena a un trauma, por exemplo: un accidente, una lessión, unha catástrofe natural
- as veces poden conter fragmentos recoñecibles de acontecementos e experiencias do día, pero cun xiro siniestro
- visualización de películas ou series así como a lectura de libros que dan medo, xusto antes de deitarse.


¿Cómo podemos axudar aos nosos fillos/as a superalos? 

-Tranquilizar: acudir na sua axuda e intentar despertalo suavemente con palabras de cariño e caricias; asegurándose de que conta con nós. A nosa presencia axudarao a sentirse protexido. Trasmitirlle seguridade e confianza , sempre cun tono relaxado. Asegurarlle que as cousas aterradoras do pesadelo non van a aocorrer no mundo real.
-Definir o que ocorreu: explicarlle que era un pesadelo e que xa rematou. Identificar o que lle produce medo. Falar sobre as cousas que lle causan temor, que se sinta escoitado;
-Consolar: desostralle que entendemos que esté asustado e que non hay nada malo niso, mostrarse comprensivo, procurar que non se sinta avergonzado. Recordarlle que todos e todas soñamos e que, a veces, os soños asustan, inquietan e poden parecer reais, polo que é natural ter medo. 
-Utilizar a máxia e o humor: cos mais cativos que teñen moita imacinación, os nosos poderes máxicos do amor e a protección poden ser milagrosos. Ademáis, outro bo antídoto ante o medo e transformar os aspectos aterradores en características graciosas mediante debuxos e bromas.
-Luz ambiental: deixar encendida unha lampariña ou unha luz no corredor pode axudar aos nenos e nenas a sentirse seguros na habitación a oscuras. Unha linterna na mesiña de noite pode ser un bo caza pesadelos. Concederlle algún poder sobre a situación(ter unha pequena mascota,etc.)
-Escoitar: non fai falta falar do pesadelo más que brevemente ás altas horas da noite; basta con axudarlle a sentirse tranquilo, seguro, protexido, e con ganas de vover a durmir. Pero é posible que a mañá queira falar sobre o pesadelo, e tal vez devbuxalo ou escribir sobre el; a plena luz do día moitas imaxes aterradoras perden o seu poder.
-Axudar a volver a durmir: enseñarlle maneiras de contrarrestrar a ansiedade: coitar música, relaxarse, ou actividades que lle manteñan ocupado, ou ofrecerlle un obxecto que se reconfortante para axudarlle a cambiar o estado de ánimo. Probar cun: peluche/manta/almohada preferido para que o abrace. Falar sobre os soños agradables que lle gustaría ter ao neno ou nena. Alentalo para que se enfronte aos seus temores de forma gradual , sin forzalo e eloxiando as suas condutas valentes, así  tamén, fomentaremos a sua autoestima e autonomía. Finalmente, darlle un bico ou aperta cariñosa para que a garde cando nos nos marchemos da habitación.

A continuación deixovos un video no cal podedes visualizar diferentes trucos para "acabar"coas pesadillas dos vosos/as fillos/as.


Un abrazo forte e grande.😘

lunes, 27 de abril de 2020

PRAXIAS OROFACIAIS CO CONTO DO VERME



CONTO DO VERME




A dislexia é un trastorno da aprendizaje da lectoescritura, de carácter persistente e específico, a súa orixe parece derivar dunha alteración no neurodesenvolvemento

Os cativos e cativas que presentan dislexia tamén poden ter dificultades de comprensión, na velocidade de procesamento, nas habilidades motrices ou na percepción visual y/ou auditiva. Poden ter afectada a memoria a curto prazo, a organización, a secuenciación, lateralidade ou a linguaxe falada, entre outros aspectos.  Cabe resaltar que cada persoa dislexica é única e non ten que presentar a totalidade dos síntomas deste trastorno.



Este vídeo móstranos como ve un texto una persoa que ten dislexia




Para Etchepareborda e Habib 2000, a dislexia é unha dificuldade para a descodificación ou lectura de palabras, polo que estarían alterados algúns dos procesos cognitivos intermedios entre a recepción da información e a elaboración do significado.

A continuación déixovos un video no cal Luz Rello, investigadora e lingüista, conta como foi a sua experiencia tendo dislexia




Os nenos e nenas disléxicos/as deben poñer moito esforzo nas tarefas de lectoescritura que tenden a:

  • fatigarse
  • perder a concentración
  • distraerse
  • rechazar todo tipo de tareas relacionadas coa lectoescritura

EXERCICIOS para axudar a mellorar ao noso fillo/a disléxico/a.

  1. Formando palabras
  2. Discriminación visual ducha palabra real
  3. Discriminación de palabras e pseudopalabras (palabras inventadas)
  4. Encontrar letras en palabras
  5. Identificar o nome correcto dunha imaxe
  6. Ordear letras desordenadas para formar palabras.



RECURSOS para traballar a dislexia: 

  • Galexia
  • Ladiselexia.net
  • CogniFit
  • Scrabble Dash
  • DytectiveU
  • Aless II
  • Héctor, el apasionado lector: como tratar la dislexia
  • Ejercicios dislexia (blog pensado para familias con nenos/as disléxicos/as)
  • Piruletras
  • Disanedu
  • Dyseggxia

Para rematar deixovos o PROTOCOLO para a intervención psicoeducativa da dislexia que publicou a Xunta de Galicia, en xaneiro de 2020.






Ánimo, xa queda menos💪💚

PODCASTS RUTINAS DIARIAS: CEA


A última comida do día é moi importante, dela depende gran parte do noso descanso, con estes podcast infantís conseguiremos ter doces soños.
Chegou a hora da cea e Mon o Dragón ten preparada a mellor diversión do mundo. Acabáronse as ceas aburridas e tristes.
Con este podcast de rutinas as ceas transformaranse nun momento ideal do día.
Para acceder ao recurso, pulsa AQUÍ.

BOTÁMOSVOS DE MENOS!💕😊

Por que nos gustan tanto os libros?


  • Porque son máxicos. 
  • Porque nos fan pasar un bo intre e gozar.
  • Porque nos trasladan a lugares xamais visitados. 
  • Porque nos permiten coñecer a outras persoas, espazos e tempos. 
  • Porque nos enchen de palabras. 
  • Porque fan aumentar a nosa imaxinación. 
  • Porque nos fan reflexionar  
  • Porque...

E a ti... Por que che gustan os libros?

"Vivir sen ler sería vivir sen vivir"







Vocabulary quiz: Health Matters











Bos días, aquí déxovos unha nova ligazón dinámica e divertida para practicar o vocabulario relacioado cóa saude e os problemas médícos en Inglés. Dentro da mesma poderedes non so visualizar as diferentes doenzas  a través de flashcards  senón que  tamén poderedes practicar o writing e a pronunciación das diferentes palabras. Foi realizado coa plataforma Quizlet. Espero que vos guste. Un saludo.

   HEALTH MATTERS QUIZLET:   IR A

sábado, 25 de abril de 2020

BOAS NOTICIAS ! SAÍMOS!



Xa levamos moitos días en casa e estamos a desexar saír. A partir deste domingo, os nenos e nenas podedes saír á rúa para dar un paseíño acompañado dun adulto.
Respirar ao aire libre e ver o sol , sempre é unha boa noticia.
Pasádeo ben ! como o fan os protagonistas deste conto: O oso goloso e a súa familia.



Xa queda menos! 💪😍