¿Qué son os pesadelos?
Os pesadelos son episodios desagradables e angustiosos que se producen, normalmente, durante a metade do sono nocturno, cando o cerebro está mais activo. Cando os cativos e cativas se despetan por un pesadelo recorda todo o sucedido ao detalle posto que as imaxes do soño ainda son moi recentes e poden parecer reais, creerán que ocorreu na vida real. Ademáis, están asustados,alterados, sudorosos, taquicárdico, con ansiedade, é moi común que chamen oas seus proxenitorespara que os consolen. Moitas veces resulta complicado conseguir que se volvarn a durmir polo medo a que se volva a presentar o pesadelo cando pechen os ollos.
En total os pesadelos preséntanse no 17% dos nenos e nenas e un 4% dos adultos. Polo tanto, a inmensa maioría das veces son normais e desaparecen co tempo.
¿Por qué se teñen pesadelos?
Non se sabe exactamente qué é o que provoca os pesadelos. Estes parecen ser una das formas que os nenos e nenas procesan o que pensan e sinten sobre situacións que afrontan, e manifestan o que o que lles preocupa e inquieta. Poden ocorrer en diferentes situacións:
- cando están estresados/as ao afrontar un cambio importante
-ante acontecementos ou situacións que poidan resultarlles preocupantes como: mudanzas, cambio de escola, o nacemento dun irmá pequeno, separacións ou tensións familiares, entre outras.
- poden formar parte dunha reacción dun neno ou nena a un trauma, por exemplo: un accidente, una lessión, unha catástrofe natural
- as veces poden conter fragmentos recoñecibles de acontecementos e experiencias do día, pero cun xiro siniestro
- visualización de películas ou series así como a lectura de libros que dan medo, xusto antes de deitarse.
¿Cómo podemos axudar aos nosos fillos/as a superalos?
-Tranquilizar: acudir na sua axuda e intentar despertalo suavemente con palabras de cariño e caricias; asegurándose de que conta con nós. A nosa presencia axudarao a sentirse protexido. Trasmitirlle seguridade e confianza , sempre cun tono relaxado. Asegurarlle que as cousas aterradoras do pesadelo non van a aocorrer no mundo real.
-Definir o que ocorreu: explicarlle que era un pesadelo e que xa rematou. Identificar o que lle produce medo. Falar sobre as cousas que lle causan temor, que se sinta escoitado;
-Consolar: desostralle que entendemos que esté asustado e que non hay nada malo niso, mostrarse comprensivo, procurar que non se sinta avergonzado. Recordarlle que todos e todas soñamos e que, a veces, os soños asustan, inquietan e poden parecer reais, polo que é natural ter medo.
-Utilizar a máxia e o humor: cos mais cativos que teñen moita imacinación, os nosos poderes máxicos do amor e a protección poden ser milagrosos. Ademáis, outro bo antídoto ante o medo e transformar os aspectos aterradores en características graciosas mediante debuxos e bromas.
-Luz ambiental: deixar encendida unha lampariña ou unha luz no corredor pode axudar aos nenos e nenas a sentirse seguros na habitación a oscuras. Unha linterna na mesiña de noite pode ser un bo caza pesadelos. Concederlle algún poder sobre a situación(ter unha pequena mascota,etc.)
-Escoitar: non fai falta falar do pesadelo más que brevemente ás altas horas da noite; basta con axudarlle a sentirse tranquilo, seguro, protexido, e con ganas de vover a durmir. Pero é posible que a mañá queira falar sobre o pesadelo, e tal vez devbuxalo ou escribir sobre el; a plena luz do día moitas imaxes aterradoras perden o seu poder.
-Axudar a volver a durmir: enseñarlle maneiras de contrarrestrar a ansiedade: coitar música, relaxarse, ou actividades que lle manteñan ocupado, ou ofrecerlle un obxecto que se reconfortante para axudarlle a cambiar o estado de ánimo. Probar cun: peluche/manta/almohada preferido para que o abrace. Falar sobre os soños agradables que lle gustaría ter ao neno ou nena. Alentalo para que se enfronte aos seus temores de forma gradual , sin forzalo e eloxiando as suas condutas valentes, así tamén, fomentaremos a sua autoestima e autonomía. Finalmente, darlle un bico ou aperta cariñosa para que a garde cando nos nos marchemos da habitación.
A continuación deixovos un video no cal podedes visualizar diferentes trucos para "acabar"coas pesadillas dos vosos/as fillos/as.
Un abrazo forte e grande.😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario