viernes, 19 de junio de 2020

FELIZ VERÁN!!

Consellos para un verán feliz con nenos:
1. Compartir momentos de lecer xuntos: Na medida que se poida, temos que tentar compartir diferentes actividades toda a familia xunta.
2. As actividades que se realicen nas vacacións, ademais de en familia, sería recomendable que fosen ao aire libre e con outros nenos.
3. As vacacións son un tempo de descanso merecido para os pequenos, é importante consideralo como tal, non ocuparlles o tempo con deberes e repasos do estudiado durante o ano. Necesitan descansar para coller forzas para o novo curso.
4. Non temos que angustiarlles con numerosas actividades.O aburrimento non é malo, xa que axuda a desenvolver a creatividade e a imaxinación.
Xa chegamos ao final do curso, pero antes de empezar as vacacións gustaríame deixarvos unha última actividade. É unha ficha, para facer online , que serve para gardar recordos deste ano.
Espero que vos guste.

Para acceder ao recurso clica na imaxe.
Dicirvos que vos botamos moito de menos, pero esperámosvos en setembro.
Descansade moito, gozade da praia, o campo, a familia e os amigos.

Un bico enooooooorme e Feliz Verán!💕😀💚💛💜


No hay comentarios:

Publicar un comentario