martes, 24 de marzo de 2020

Ponlle cor a calma.

As Mandalas teñen a súa orixe na India. Trátase de representacións artísticas que incorporan distintas figuras xeométricas ao redor dun mismo centro, a través do cal pretenden simbolizar o cosmos e a eternidade.
Hoxe en día, convertéronse nunha estratexia imprencindible, tanto para nen@s como adultos, para conseguir reducir o estrés, os nervios e a ansiedade destes días de quedarse na casa.
Outra vantaxe de pintar ou debuxar mandalas é a sua contribución ao desenvolvemento da  personalidade e a creatividade da propia persoa.
Deixámosvos diferentes mandalas: números, letras, animais.
¿Por qué non divertirse e relaxarse a vez que se aprende?

MANDALAS DE LETRAS





MANDALAS DE NÚMEROS







MANDALAS DE ANIMAIS





Desfrutade da tarde, MAÑÁ MÁIS E MELLOR!!

Montaña rusa na casa.......


Cando a mente nos vai máis a presa que a vida, cando queremos controlar o incontrolable,cando estamos pensando todo o día e todos os días nun mesmo pensamento negativo....entón estamos ante un posible cadro de ANSIEDADE.

A ansiedade soe representarse nunha campá de Gaus, posto que ten varias fases. Como se reflexa na seguinte imaxe. A través desta podedes valorar como te encontras agora.




Pero.......que podemos facer para encontrarnos mellor e que os nosos días de illamento sexan máis agradables e levadeiros?

Identificar ditos pensamentos que queremos abandoar, desprendernos deles, para aforrar enerxía. Neste momento é moi importante aforrar todas as enerxías posibles.

Alejandro Jodorowsky danos unhas pautas para enfocar a mente e liberala das preocupacións.


Ánimo, se queremos e o intentamos, PODEMOS!

ACTIVIDADES REFORZA-T

O profe Nicolás envíavos uns exercicios para realizar na casa, son voluntarios.

Van dirixidos ao alumnado do programa Reforza- t .

Están organizados por niveis.

DESCARGAR MATERIAL:

3º CURSO

4º CURSO


5º CURSO


6º CURSO


HASTA PRONTO! 😊

DE INTERESE PARA AS FAMILIAS.




A editorial A CALESA creou uns cadernos de repaso para todas os niveis, de PRIMARIA e de secundaria.
Para acceder a eles, facilitámosvos unha ligazón onde atopar materiais para descargar de forma gratuíta. Teñen actividades de ortografía, lectura comprensiva, expresión escrita, matemáticas e cálculo.

ACCESO MATERIAIS


ESPERAMOS QUE VOS SEXAN ÚTILES!


lunes, 23 de marzo de 2020

E agora qué?!


Tres semanas de illamento na casa por diante e coas ideas esgotadas para realizar actividades dirixidas aos máis pequenos e ansiosos da familia. Non vos preocupedes! Temos a solución!

Para INFANTIL



Xogos para alumnado NEAE





ACTIVIDADES PARA DESENVOLVER A MOTRICIDADE FINA


Unha manualidade por día.



Practicamos coas tesoiras:




Para PRIMARIA  a canle de televisión: G2 (da televisión de Galicia) en horario de 11:00 a 13:00 horas emitirá un bloque educativo. 
Ademais, La2 e Clan TV emitirán a iniciativa "Aprendemos na casa", para facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva motivada polo estado de alarma. O horario desta iniciativa é o seguinte:


Moito ánimo a tod@s. Un día menos!!

MISIÓN: QUEDARSE NA CASA


O conto “Misión: Quedarse en casa” é unha proposta da editorial  Dalmaus para que os nenos e nenas entendan o proceso que enfronta o mundo a partir da propagación do virus Covid-19.

Trátase dunha historia coloreable onde se explica aos nenos a importancia de permanecer nos seus fogares.

Ademais segundo o autor, o conto é “unha pequena axuda para pais, nais, titores e titoras” que se esforzan día a día para levar a cabo o illamento social estipulado polas autoridades ao redor de todo o mundo.

DESCARGAR  en castelán.

DESCARGAR  en galego.

ÁNIMO , XA QUEDA MENOS PARA CUMPRIR A MISIÓN CON ÉXITO!

domingo, 22 de marzo de 2020

Trátase de ter dereito a ser diferentes.




O pasado 21 de marzo de 2020, celebrouse o día Mundia do Sindrome de Down.

A finalidade de conmemorar este síndrome é concienciar a toda a poboación e recordar as potencialidades, valías das persoas que presentan este síndrome. Ademáis, de resaltar a importancia da sua autonomía e independencia individual.

Moitas son as cuestións que nos plantexamos cando nos surxe a necesidade de traballar/educar con alumnado/fillos/as con esta casuística. A continuación deixámosvos uns artigos para que visualizar e poder dar una aproximación de resposta a cada unha das preguntas que se nos poden plantexar.

¿Que quere dicir Síndrome de Down?

Alteración xenética, que consiste na existencia de tres cromosomas no par 21, en lugar de dous como existe habitualmente. As persoas con este síndrome teñen 47 cromosomas en vez de 46 cómo a maioría da poboación, debido a isto o seu desenvolvemento cerebral e do organismo está afectado.
Os nenos e nenas con esta casuística soen ter problemas de aprendizaxe e necesitan máis tempo para realizar todas as actividades que se propoñan tanto a nivel académico como persoal. Pero a pesar dos desafíos que se lle presentan conseguen levar unha adecuada calidade de vida a nivel persoal e profesional.
¿Cómo lle explicamos os nenos e nenas en que consiste isto?
Contos

¿Cómo podemos axudar as persoas que o presentan?
  1. Organización de espacios(recanto da calma) e uso de apoios visuais(tarxetas, pictogramas) 
  2. Anticipación  das actividades de aula a través dun calendario de anticipación e  uso dun horario individual.
  3. Adaptacions metodolóxicas: emprego de metodoloxías activas, inclusivas e cooperativas.
  4. Incrementar os periodos de interacción da nena/o con outras persoas. 
  5. Potenciar a toma de turnos con cualquiera actividade da vida diaria e do xogo.
  6. A utilización de estratexias de moldeamento por parte do profesorado/familia, coidando o encadeamento das situacións ou propostas de aprendizaxe.
  7. Utilizar as TICs para proporcionarlle ao neno/a actividades educativas interactivas, que favorezcan o seu proceso de aprendizaxe/desenvolvemento. Pódense encontrar recursos nas páxinas:
      Para poñer punto e final a esta entrada deixamosvos o Protocolo que publicou a Xunta de Galicia, no ano 2018.