O pasado 21 de marzo de 2020, celebrouse o día Mundia do Sindrome de Down.
A finalidade de conmemorar este síndrome é concienciar a toda a poboación e recordar as potencialidades, valías das persoas que presentan este síndrome. Ademáis, de resaltar a importancia da sua autonomía e independencia individual.
Moitas son as cuestións que nos plantexamos cando nos surxe a necesidade de traballar/educar con alumnado/fillos/as con esta casuística. A continuación deixámosvos uns artigos para que visualizar e poder dar una aproximación de resposta a cada unha das preguntas que se nos poden plantexar.
¿Que quere dicir Síndrome de Down?
Alteración xenética, que consiste na existencia de tres cromosomas no par 21, en lugar de dous como existe habitualmente. As persoas con este síndrome teñen 47 cromosomas en vez de 46 cómo a maioría da poboación, debido a isto o seu desenvolvemento cerebral e do organismo está afectado.
Os nenos e nenas con esta casuística soen ter problemas de aprendizaxe e necesitan máis tempo para realizar todas as actividades que se propoñan tanto a nivel académico como persoal. Pero a pesar dos desafíos que se lle presentan conseguen levar unha adecuada calidade de vida a nivel persoal e profesional.
¿Cómo lle explicamos os nenos e nenas en que consiste isto?
Contos
¿Cómo podemos axudar as persoas que o presentan?
- Organización de espacios(recanto da calma) e uso de apoios visuais(tarxetas, pictogramas)
- Anticipación das actividades de aula a través dun calendario de anticipación e uso dun horario individual.
- Adaptacions metodolóxicas: emprego de metodoloxías
activas, inclusivas e cooperativas.
- Incrementar os periodos de interacción da nena/o con outras persoas.
- Potenciar a toma de turnos con cualquiera actividade da vida diaria e do xogo.
- A utilización de estratexias de moldeamento por parte do profesorado/familia, coidando o encadeamento das situacións ou propostas de aprendizaxe.
- Utilizar as TICs para proporcionarlle ao neno/a actividades educativas interactivas, que favorezcan o seu proceso de aprendizaxe/desenvolvemento. Pódense encontrar recursos nas páxinas:
Para poñer punto e final a esta entrada deixamosvos o Protocolo que publicou a Xunta de Galicia, no ano 2018.
No hay comentarios:
Publicar un comentario