martes, 24 de marzo de 2020

Ponlle cor a calma.

As Mandalas teñen a súa orixe na India. Trátase de representacións artísticas que incorporan distintas figuras xeométricas ao redor dun mismo centro, a través do cal pretenden simbolizar o cosmos e a eternidade.
Hoxe en día, convertéronse nunha estratexia imprencindible, tanto para nen@s como adultos, para conseguir reducir o estrés, os nervios e a ansiedade destes días de quedarse na casa.
Outra vantaxe de pintar ou debuxar mandalas é a sua contribución ao desenvolvemento da  personalidade e a creatividade da propia persoa.
Deixámosvos diferentes mandalas: números, letras, animais.
¿Por qué non divertirse e relaxarse a vez que se aprende?

MANDALAS DE LETRAS





MANDALAS DE NÚMEROS







MANDALAS DE ANIMAIS





Desfrutade da tarde, MAÑÁ MÁIS E MELLOR!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario