Queridas familias sabemos a gran dificultade que tendes durante este período de quedarse na casa cun neno/a con TEA.
O voso/a fillo/filla, despois de varios días na casa ten fortes crises..... informámosvos que si é NECESARIO podedes sair a rua, SEMPRE respetando as medidas para evitar contaxiarse de coronavirus.
Ademáis dende a Confederación Autismo España, e con CERMI, recomendan que a persoa leve consigo nas suas saídas á rua:
- Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade. No caso de ter recoñecida a discapacidade.
- Prescripción dun/a profesional sanitario ou social. No caso de dispoñer del.
- Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades conductuais. No caso de dispoñer deles.
- Copia da Instrucción de 19 de marzo de 2020, del Ministerio de Sanidad, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (documento que se reflexa a continuación)
Instrucción que o Ministerio de Sanidade dictou que permite ás persoas con TEA sair a rua acompañados mentres dure o estado de alarma. Esta instrucción entrou en vigor onte, venres 20 de marzo de 2020, na súa publicación no Boletín Oficial do Estado(BOE)
¡Bo fin de semana!
No hay comentarios:
Publicar un comentario