viernes, 27 de marzo de 2020

Lavado psicolóxico ante o coronavirus


Deixovos unhas orientacións para afrontar este illamento e manter unha mente sá.

1. Xestiona os pensamentos intrusivos e distorsionados, é normal que aparezcan, simplemente cuestionate a súa validez e trata de buscar outros menos negativos.

2. Identifica as tuas emocións e acéptaas. O medo e a preocupación son emocións normais, non as ocultes nin as rechaces, pero tampouco te retroalimentes delas.

3. Evita a sobreinformación, e a que recibas que sexa de fontes oficiais. Non é necesario estar informado/a a toda hora, basta con dúas veces ao día para saber o que está a ocorrer. O exceso de información só incrementa as nosas emocións negativas.

4. Procura falar de outros temas, ainda que sexa difícil, non debemos contribuir a propagar o medo con bulos.

5.Intenta manter unha actitude positiva e obxectiva.


Espero que vos sexan útiles. Moita forza! 💪😊

No hay comentarios:

Publicar un comentario