ACTIVIDADES REFORZA-T: Boas tardes,
aquí envíovos unha nova tanda de exercicios para realizar na casa, son
voluntarios. Espero que sexan do voso agrado e interese. Bo fin de semana. Un saludo o profesor Nicolás.
A memoria defínese como a capacidade de lembrar feitos ou datos. Hai varios tipos de memoria, pero a clasificación principal divídea en dous tipos:
Memoria a curto prazo: tamén chamada operativa ou de traballo. É a que permite manter na mente, durante uns poucos segundos ou minutos, información que imos usar para algún fin pero que non sempre necesitamos almacenar.
Memoria a longo prazo: é aquela en a que se almacenan recordos, pensamentos, sensacións, que posteriormente se lembran de forma voluntaria ou non, buscando nela, coma se tratásese de almacén.
Ademais, a información da memoria a curto prazo pode pasarse á memoria a longo prazo se se quere ou se se mantén o tempo suficiente.
A memoria é algo que acompaña ao neno desde o momento no que nace. Esta irase desenvolvendo ao longo da súa vida e converterase nun instrumento importantísimo para diversas actividades da vida.
As técnicas para mellorar a memoria dos nenos son tan variadas como sinxelas. E unha destas é a propia rutina diaria, que ademais de axudar á súa aprendizaxe memorístico, supoñeralle unha vantaxe para desenvolver virtudes como a orde e a disciplina.
Como funciona a memoria?
- Cando asociamos unha aprendizaxe nova con outros anteriores, a retención é moito mellor.
- É máis eficaz distribuír unha actividade en varias sesións. Para os nenos, é máis efectivo aprender algo en varios días que nun só.
- Mellor será a retención, canto máis tempo estea exposto o neno ao material que se desexa memorizar.
- A repetición activa permite o mantemento da información e favorece a integración do material novo cos xa almacenados anteriormente.
- A forma habitual de poñer a proba a memoria é a través de dous tipos de tarefas: a de recordo e a de recoñecemento
- É necesario organizar o material que se vai a memorizar. Para o neno, resulta moito máis fácil aprender e reter a información que vén organizada xerárquicamente en categorías.
- Canto máis tempo dedícase a memorizar aquilo que se quere reter, mellor é o recordo posterior.
- É importante establecer un sentido temporal cando falemos co neno coas nosas frases.
A continuación , Tests para exercitar a memoria. Queres probar?
Os próximos días, subirei material para traballar a memoria.
Espero que vos sirva de axuda. Moito ánimo e moitos bicos!😊😍
A continuación mostrámosvos unha serie de actividades que podedes realizar dende as vosas casas e que permiten mellorar a atención.
Realización de Puzles, quebracabezas.
Xogar ao memory, facer parellas.
Xogos con barallas.
Identificar nun debuxo semellanzas e diferenzas.
Identificar intrusos. Debes recoñecer entre un conxunto de figuras cal é a que non debería estar, e explicar o porqué.
Facer series
Fichas de labirintos
Atopar erros.
Colorear mandalas
Repetir sons, rítmos producidos co corpo.
Discriminar sons de instrumentos, sons de animais, da natureza, do medio ambiente... localizar o lugar de onde procede o son.
Utilizamos a música, imitamos bailes, paramos cando para a música, xogamos ás cadeiras, relaxámonos con ela, repetimos estribillos.
Reproducir cancións, marcar o ritmo coas palmas.
Xogar ao "vexo-vexo".
Presentar un obxecto familiar, que o neno/a o toque e despois metelo nunha bolsa chea de obxectos e que o recoñeza sen mirar.
Dados uns debuxos, colorear coas cores que se indique.
Unir dúas metades de diversas fiugras e debuxos.
Buscar absurdos nunha imaxe...
Vocabulary Quiz: Daily Routines
Bos días, aquí déxovos unha
nova ligazón dinámica e divertida para practicar o vocabulario relacionaado
coas rutinas diarias “daily routines” en Inglés. Dentro
da mesma poderedes non so visualizar as diferentes actividades que soemos
realizar desde que espertamos ata que irmos durmir a través de flashcards, senón que
tamén poderedes practicar o writing e a súa pronunciación das diferentes
accións. Foi realizado coa plataforma Quizlet. Espero que vos guste. Un saludo.
Astécnicas de estudios son actividades específicas mecánicas e sistematizadas, que poden ser aprendidas e interiorizadas por cada persoa, axudándoa a mellorar os seus resultados académicos. Moitas veces a clave do éxito non está en estudiar máis, senon en buscar a actitude adecuada ante a aprendizaxe, aprobeitando ao máximo os recursos e aplicando estratexias que faciliten unha aprendizaxe máis metódica e personalizada.
En outras verbas, as técnicas de estudios son ferramentas para facilitar o estudo e mellorar os logros.
A continuación deixovos un vídeo resumo do citado anteriormente.
Osbeneficiosdas técnicas de estudio son, entre outras:
Fomentar a motivación
Favorece o interés
Facilita a cooperación
Permita unha maior autonomía
Maior iniciativa e creatividade
Para conseguir estudar de forma eficiente o alumno ou a alumna de primaria debe reunir os seguintes requisitos básicos:
Poder: ter os recursos materiais, a capacidade e a aptitude
Querer: estar motivado ou motivada
Saber estudiar: manexar as técnicas de estudo
A primeira que vos presento, consiste nunha serie de pasos a realizar;
Lectura global do tema ou pregunta.
Lectura a fondo de cada parte do tema ou pregunta.
Repaso de cada parte ou cuestión, intentando comprender e relacionar a información.
Lectura xeral, repaso rápido.
Facer unha lista con posibles preguntas e respostas do tema, sin consultar o material. Posteriormente, comprobar que as respostas dadas son acertadas.
O longo destes días, mostrareivos diversas técnicas de estudo adecuadas ao alumnado de educación primaria.
Espero que vos sexan útiles. 😊
Recordade que: os pequenos cambios provocan grandes éxitos
Estudiar é unha tarefa fundamentalmente intelectual e complicada, na que se necesitan moitas horas, pero a moitas veces, os resultados que se obteñen non se identifican co esforzo dos noso fillos/as.
Os nenos e nenas necesitan ter unhas "ferramentas de traballo" adecuadas para afrontar o traballo con garantías de éxito no proceso de aprendizaxe.
Hoxe centraremonos no lugar de estudio e nas condicións que debe ter este espazo, para afrontar con éxito e eficacia esta tarefa. Aínda que en primeiro lugar, debemos valorar, cómo son os hábitos de estudio e traballo dos nosos nenos e nenas, para iso propóñovos realizar un cuestionario. Podedes elexir entre tres, realizanse todos de xeito online:
A continuación deixovos unhas pautas xerais, que cada un debe adaptalas a súa situación persoal e familiar, sobre todo nesta época de confinamento. En primeiro lugar debemos comezar por aquelas que poidamos poñer en marcha maña mesmo, sin demasiado esforzo, calquer cambio ou modificación que introduzcamos pode resultar efectiva.
1.ONDE ESTUDIAR: é aconsellable estudar sempre:
No mesmo sitio, nun determinado lugar. Así resultará máis fácil adquirir un hábito.
Debe estar aislado de ruído e elementos que poidan distraerse: televisión, radio, teléfono, voces, etc.
Ter boa iluminación: a ser posible luz natural. Si é unha luz artificial é moi aconsellable un flexo ou lámpara sobre a mesa, de uns 60/90 vatios, si é azul, mellor. A luz debe ser indirecta e non debe dar nos ollos.
Ventilación e temperatura adecuada. A temperatura debe rondar os 20-22 grados.
Debe ter una mesa amplia, ordenada, na que esté localizable e que colla todo o material que necesite, sólo o imprescindible.
Silla cómoda, que facilite unha postura relaxada e a súa vez activa, que axude o neno a concentrarse e non invitar ao apoltronamento.
2. CANDO ESTUDIAR
As primeiras horas do día son as máis propicias para o estudio, ainda que se deben programar sesións de estudios de varias horas, as cales deben interrumpirse cun ou dous descansos intermedios duns dez minutos, para "recargar as pilas".
Preferentemente e, a ser posible, estando solo ou sola. O estudio persoal é indispensable para a reflexión, a asimilación e a profundización en temas e ideas; ainda que o traballo en equipo é necesario e aconsellable, pero nunca debe sustituir a todo o traballo individual.
Preparar todo o material antes de comezar, nin interrupcións, ni visitas a outras depensencias da casa.
Comezar a estudiar con enerxía ou con unha postura decidida, pensando que o estudio é un medio de construirte e perfeccionarte. facernos persoas máis cultas.
Establecer un horario previamente establecido no cal se faga unha distribución do tempo dispoñible según as materias que haixa que estudiar e a dificultade de cada unha delas. Este plan debe ser persoal e estar adaptado as circunstancias persoais de cada quen. Recollendo as xornadas de estudio, as interrupción necesarias, o día de semana, os repasos, fechas de entrega de traballos, etc.
Utilizar todos os medios e técnicas que favorezcan e facilliten a asimilación, a reflexión, a economía dos esforzos e os tempos. Podedes utilizar diversas técnicas de estudios: guións, subrayadis, esquemas, etc, facendo preguntas sobre todo o lido e estudiado.
Deixovos unha infografía de Aula Planeta, que resume cómo debe ser o noso lugar de estudio:
Ademáis tamén nos recomendan 5 pautas clave, para prepararse para o estudo. Comprobade si o levades a cabo ou deberíades mellorar algunha delas.
Espero que vos sexa de utilidade. O longo dos seguintes días irei subindo diversas entradas relacionadas co estudo.
xoGO DE INFERENCIAS VISUAIS: ¿QUEN DIXO CADA ENUNCIADO?
Hoxe propoño traballar a comprensión lectora a partir dun xogo de inferencias; como xa sabedes inferir é o proceso polo cal se derivan conclusións a partir de información que non está explícita no texto. Neste caso, imos utilizar debuxos para extraer dita información; o objetivo da tarea é relacionar cada enunciado co debuxo correcto, é dicir, averiguar en qué situación dixo cada enunciado que aparece, así que hai que relacionar. INFERENCIAS 1
A frustración é unha vivencia emocional que se presenta cando un desexo, un proxecto, unha ilusión ou unha necesidade non se chegan a satisfacer ou a cumprir. Cando ocorre isto, por mor da frustración, os nenos experimentan en maior ou menor medida unha serie de emocións como o enfado, a tristeza, a angustia, a ansiedade....
Son vivencias persoais que cada un enfronta e reacciona de maneira diferente.
Empezamos cun vídeo que explica que é a frustración.
Seguimos visualizando como reaccionamos ante a frustración.
A continuación , unhas pautas para incrementar a tolerancia á frustración.
Adiviña , adiviña!
Este xogo , tan divertido, ten moitos beneficios:
-Incrementa as ganas de aprender cousas novas.
-Estimula a imaxinación.
-Axuda a discriminar e a analizar a información.
-Favorece o desenvolvemento e a asociación de ideas e conceptos.
-Estimula o desenvolvemento do pensamento crítico.
-Contribúe a exercitar a paciencia,
-Fomenta a creatividade. A proposta para hoxe é xogar ás adiviñas, con estes libros que vos deixo a continuación.
''''''''
ACTIVIDADES REFORZA-T: Bos días, aquí envíovos unha nova tanda de
exercicios para realizar na casa, son voluntarios. Espero que sexan do
voso agrado e interese. Un saludo o profesor Nicolás.
Os pesadelos son episodios desagradables e angustiosos que se producen, normalmente, durante a metade do sono nocturno, cando o cerebro está mais activo. Cando os cativos e cativas se despetan por un pesadelo recorda todo o sucedido ao detalle posto que as imaxes do soño ainda son moi recentes e poden parecer reais, creerán que ocorreu na vida real. Ademáis, están asustados,alterados, sudorosos, taquicárdico, con ansiedade, é moi común que chamen oas seus proxenitorespara que os consolen. Moitas veces resulta complicado conseguir que se volvarn a durmir polo medo a que se volva a presentar o pesadelo cando pechen os ollos.
En total os pesadelos preséntanse no 17% dos nenos e nenas e un 4% dos adultos. Polo tanto, a inmensa maioría das veces son normais e desaparecen co tempo.
¿Por qué se teñen pesadelos?
Non se sabe exactamente qué é o que provoca os pesadelos. Estes parecen ser una das formas que os nenos e nenas procesan o que pensan e sinten sobre situacións que afrontan, e manifestan o que o que lles preocupa e inquieta. Poden ocorrer en diferentes situacións:
- cando están estresados/as ao afrontar un cambio importante
-ante acontecementos ou situacións que poidan resultarlles preocupantes como: mudanzas, cambio de escola, o nacemento dun irmá pequeno, separacións ou tensións familiares, entre outras.
- poden formar parte dunha reacción dun neno ou nena a un trauma, por exemplo: un accidente, una lessión, unha catástrofe natural
- as veces poden conter fragmentos recoñecibles de acontecementos e experiencias do día, pero cun xiro siniestro
- visualización de películas ou series así como a lectura de libros que dan medo, xusto antes de deitarse.
¿Cómo podemos axudar aos nosos fillos/as a superalos?
-Tranquilizar: acudir na sua axuda e intentar despertalo suavemente con palabras de cariño e caricias; asegurándose de que conta con nós. A nosa presencia axudarao a sentirse protexido. Trasmitirlle seguridade e confianza , sempre cun tono relaxado. Asegurarlle que as cousas aterradoras do pesadelo non van a aocorrer no mundo real.
-Definir o que ocorreu: explicarlle que era un pesadelo e que xa rematou. Identificar o que lle produce medo. Falar sobre as cousas que lle causan temor, que se sinta escoitado;
-Consolar:desostralle que entendemos que esté asustado e que non hay nada malo niso, mostrarse comprensivo, procurar que non se sinta avergonzado. Recordarlle que todos e todas soñamos e que, a veces, os soños asustan, inquietan e poden parecer reais, polo que é natural ter medo.
-Utilizar a máxia e o humor: cos mais cativos que teñen moita imacinación, os nosos poderes máxicos do amor e a protección poden ser milagrosos. Ademáis, outro bo antídoto ante o medo e transformar os aspectos aterradores en características graciosas mediante debuxos e bromas.
-Luz ambiental: deixar encendida unha lampariña ou unha luz no corredor pode axudar aos nenos e nenas a sentirse seguros na habitación a oscuras. Unha linterna na mesiña de noite pode ser un bo caza pesadelos. Concederlle algún poder sobre a situación(ter unha pequena mascota,etc.)
-Escoitar: non fai falta falar do pesadelo más que brevemente ás altas horas da noite; basta con axudarlle a sentirse tranquilo, seguro, protexido, e con ganas de vover a durmir. Pero é posible que a mañá queira falar sobre o pesadelo, e tal vez devbuxalo ou escribir sobre el; a plena luz do día moitas imaxes aterradoras perden o seu poder.
-Axudar a volver a durmir: enseñarlle maneiras de contrarrestrar a ansiedade: coitar música, relaxarse, ou actividades que lle manteñan ocupado, ou ofrecerlle un obxecto que se reconfortante para axudarlle a cambiar o estado de ánimo. Probar cun: peluche/manta/almohada preferido para que o abrace. Falar sobre os soños agradables que lle gustaría ter ao neno ou nena. Alentalo para que se enfronte aos seus temores de forma gradual , sin forzalo e eloxiando as suas condutas valentes, así tamén, fomentaremos a sua autoestima e autonomía. Finalmente, darlle un bico ou aperta cariñosa para que a garde cando nos nos marchemos da habitación.
A continuación deixovos un video no cal podedes visualizar diferentes trucos para "acabar"coas pesadillas dos vosos/as fillos/as.
A dislexia é un trastorno da aprendizaje da lectoescritura, de carácter persistente e específico, a súa orixe parece derivar dunha alteración no neurodesenvolvemento
Os cativos e cativas que presentan dislexia tamén poden ter dificultades de comprensión, na velocidade de procesamento, nas habilidades motrices ou na percepción visual y/ou auditiva. Poden ter afectada a memoria a curto prazo, a organización, a secuenciación, lateralidade ou a linguaxe falada, entre outros aspectos. Cabe resaltar que cada persoa dislexica é única e non ten que presentar a totalidade dos síntomas deste trastorno.
Este vídeo móstranos como ve un texto una persoa que ten dislexia
Para Etchepareborda e Habib 2000, a dislexia é unha dificuldade para a descodificación ou lectura de palabras, polo que estarían alterados algúns dos procesos cognitivos intermedios entre a recepción da información e a elaboración do significado.
A continuación déixovos un video no cal Luz Rello, investigadora e lingüista, conta como foi a sua experiencia tendo dislexia
Os nenos e nenas disléxicos/as deben poñer moito esforzo nas tarefas de lectoescritura que tenden a:
fatigarse
perder a concentración
distraerse
rechazar todo tipo de tareas relacionadas coa lectoescritura
EXERCICIOS para axudar a mellorar ao noso fillo/a disléxico/a.
Formando palabras
Discriminación visual ducha palabra real
Discriminación de palabras e pseudopalabras (palabras inventadas)
Encontrar letras en palabras
Identificar o nome correcto dunha imaxe
Ordear letras desordenadas para formar palabras.
RECURSOS para traballar a dislexia:
Galexia
Ladiselexia.net
CogniFit
Scrabble Dash
DytectiveU
Aless II
Héctor, el apasionado lector: como tratar la dislexia
Ejercicios dislexia (blog pensado para familias con nenos/as disléxicos/as)
Piruletras
Disanedu
Dyseggxia
Para rematar deixovos o PROTOCOLO para a intervención psicoeducativa da dislexia que publicou a Xunta de Galicia, en xaneiro de 2020.
Porque nos permiten coñecer a outras persoas, espazos e tempos.
Porque nos enchen de palabras.
Porque fan aumentar a nosa imaxinación.
Porque nos fan reflexionar
Porque...
E a ti... Por que che gustan os libros?
"Vivir sen ler sería vivir sen vivir"
Vocabulary quiz: Health Matters
Bos días, aquí déxovos unha nova ligazón dinámica e
divertida para practicar o vocabulario relacioado cóa saude e os problemas médícos
en Inglés. Dentro da mesma poderedes non so visualizar as diferentes doenzas a través de flashcards senón que tamén poderedes practicar o writing e a
pronunciación das diferentes palabras. Foi realizado coa plataforma Quizlet.
Espero que vos guste. Un saludo. HEALTH MATTERS QUIZLET: IR A
Xa levamos moitos días en casa e estamos a desexar saír. A partir deste domingo, os nenos e nenas podedes saír á rúa para dar un paseíño acompañado dun adulto.
Respirar ao aire libre e ver o sol , sempre é unha boa noticia.
Pasádeo ben ! como o fan os protagonistas deste conto: O oso goloso e a súa familia.