1. Qué é o TDAH?
Trastorno neurobiolóxico do comportamento. Está caracterizado por presentar nos nenos e nas nenas as seguintes conductas:
- IMPULSIVIDADE: custalle controlar as suas condutas, emocións e pensamentos.
- INATENCIÓN: ten unha gran dificultade para prestar atención e concentrarse.
- HIPERATIVIDADE: presenta un nivel superior e inapropiado de actividade para a sua idade.
Non tódolos síntomas se manifestan de forma conxunta. Diferencianse tres tipos, según o DSM-5:
- TDA:presentación predominante de falta de atención.
- TH/I:a conducta prevalente é a hiperatividade e/ou impulsividade.
- TDAH:presenta os tres síntomas nucleares combinados.
2. ORIENTACIÓNS para traballar cun nen@ TDAH na Casa
- Estructurar o ambiente:
- o establecemento dunha rutina diaria para levar a cabo as tarefas escolares
-habilitar un lugar tranquilo, luminoso, que favorezca a concentración
-establecer un horario determinado para realizar cada unha das actividades planificadas para cada día
-consensuar e establecer unhas normas fixas, claras, breves e concisas
- marcar uns límites/normas e ás súas consecuencias cando non se cumpren
- as tarefas deben dividirse en períodos cortos de tempo, con descansos e reforzos constantes do conseguido
-facelo/a partícipe nas tarefas do fogar
- Exteriorización da información:
- Utilizar infografías, debuxos,fotos, listas das tarefas que ten que realizar
- Axudarlle a ser conscientes do sentido do tempo; dedicandolle un tempo a realizar tarefas académicas e a actividades que lle gusten
- Interiorización dos procesos:
- guía externa de conducta: o patron conductual familiar é o seu modelo a imitar e seguir
- fragmentar todas aquelas actividades/traballos longos
-ensinarlle a faer listas de tarefas e priorizar
-pensar en voz alta e repetir as indicación que se lle deron
-autoinstruccións: Párome-Penso-Decido-Actuo- Evaluo
-traballar a imaxinación; intentar presentar as tarefas cun carácter lúdico
Deixovos o Protocolo sobre TDAH que publicou a Xunta de Galicia no ano 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario