O autoconcepto é, basicamente, o conxunto de ideas e crenzas que constitúen a imaxe mental do que somos segundo nós mesmos. Esta imaxe fórmase a partir dun bo número de variables, pero é particularmente influenciado polas nosas interaccións coas persoas importantes nas nosas vidas.
A autoestima, en cambio, é o compoñente emocional que está vinculado ao autoconcepto. Refírese á medida en que nos gustamos, aceptamos ou aprobamos a nós mesmos, ou dito doutro xeito, canto nos valoramos. A autoestima sempre implica un grao de avaliación e por tanto pode resultar unha visión positiva ou negativa de nós mesmos.
Unha serie de factores pode afectar á autoestima, incluso como nos comparamos cos demais e como responden os demais ante nós.
Cando a xente responde positivamente á nosa conduta, somos máis propensos a desenvolver unha autoestima positiva, e viceversa.
Este vídeo explica como mellorar a autoestima dos nenos.
A través do xogo do espello , podemos traballar a autoestima. Ánimo e a.....xogar!
XA QUEDA MENOS!💪😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario