jueves, 30 de abril de 2020

ACTIVIDADES PARA MELLORAR A ATENCIÓN

A continuación mostrámosvos unha serie de actividades que podedes realizar dende as vosas casas e que permiten mellorar a atención. 

  • Realización de Puzles, quebracabezas. 
  • Xogar ao memory, facer parellas.
  • Xogos con barallas. 
  • Identificar nun debuxo semellanzas e diferenzas.
  • Identificar intrusos. Debes recoñecer entre un conxunto de figuras cal é a que non debería estar, e explicar o porqué.
  • Facer series
  • Fichas de labirintos
  • Atopar erros.
  • Colorear mandalas 
  • Repetir sons, rítmos producidos co corpo.
  • Discriminar sons de instrumentos, sons de animais, da natureza, do medio ambiente... localizar o lugar de onde procede o son.
  • Utilizamos a música, imitamos bailes, paramos cando para a música, xogamos ás cadeiras, relaxámonos con ela, repetimos estribillos.
  • Reproducir cancións, marcar o ritmo coas palmas.
  • Xogar ao "vexo-vexo".
  • Presentar un obxecto familiar, que o neno/a o toque e despois metelo nunha bolsa chea de obxectos e que o recoñeza sen mirar.
  • Dados uns debuxos, colorear coas cores que se indique.
  • Unir dúas metades de diversas fiugras e debuxos. 
  • Buscar absurdos nunha imaxe... 



No hay comentarios:

Publicar un comentario