Nesta etapa de illamento, é o momento perfecto para desenvolver o noso lado máis creativo e sacar ao artista que levamos dentro.
Beneficios das artes plásticas:
1-Fomenta a comunicación cos adultos. Para os máis pequenos o debuxo e a pintura son un maneira de expresarse coa que se desenvolven mellor que coa linguaxe verbal.
2-Contribúe á relaxación.
3-Mellora a psicomotricidade.
4-Ofrece diversión.
5-Pode servir como terapia.
6-Desenvolve a creatividade e a imaxinación.
7-Desenvolve a concentración, a paciencia e a perseveranza.
8-Aumenta a autoestima, a autoconfianza e a capacidade de superación.
Hoxe, facilitámosvos un caderno de fichas para plástica.
Espero que vos gusten.
Unha aperta!💚
No hay comentarios:
Publicar un comentario