miércoles, 15 de abril de 2020

XOGOS CON SOPRO



RESPIRACIÓN E SOPRO


RESPIRAMOS DE XEITO CORRECTO


O primeiro que temos que saber para realizar os exercicios que imos
ver a continuación, é realizar unha correcta respiración. Para iso, temos que
coller o aire polo nariz e expulsalo pola boca. Podemos practicar mantendo o
aire uns segundo antes de expulsalo.




































SUCCIÓN E TRASVASE


Enchemos un caixiña con peixes de papel e outra a teremos baleira. Metemos a palla na caixa dos peixes e absorbemos suavemente ata que notamos que o peixe de papel se pega no extremo da palla e sostemos e o levamos "voando" sen caer ata chegar á caixa baleira.

A mesma actividade a podemos realizar con pompóns e inluso con auga.
.



BURBULLAS


Enchemos un vaso de auga ou un recipiente mais grande. Poñemos a palla
dentro do vaso. Sopramos suave ata que coa auga se formen burbullas.
É moi importante que collamos o aire polo nariz, sen deixar de apertar a palla
cos labios. A boca ten que estar cerrada todo o tempo. O que pretendemos é
respirar polo nariz. Tamén podemos facer burbullas na bañeira!!! Coidado de
non tragar xabón!





MOVEMOS O OVO


Collemos unha oveira e, sobre ela, deixamos caer a pelota. Realizamos unha
inspiración nasal lenta e profunda. A continuación espiramos o aire pola
boca, soprando suavemente a pelota, e intentamos que se deslice pola oveira
pasando de oco en oco. Podemos seguir tamén un camiño trazado.





CARREIRAS


Podemos facer con plastilina circuítos por onde levaremos a pelotiña
unicamente usando o sopro. Esta actividade pode realizarse só soprando a
pelota ou usando palliñas.








FACEMOS UNHA PIPA PARA SOPRAR






LAVAMOS OS DENTES

Podemos aproveitar o espello no lavabo e botémoslle imaxinación!

-­ Previo ao cepillado podemos xogar a imitar movementos coa lingua
(dentro, fora, esquerda, dereita..)
-­ Limpamos os dentes primeiro coa lingua (arriba e abaixo)
-­ Botamos bicos
-­ Abrir – pechar boca
Xa no cepillado, podemos deixar un tempo de xogo coa auga na boca, cuspir
forte a mesma, etc.


No hay comentarios:

Publicar un comentario