miércoles, 29 de abril de 2020

APRENDENDO A ESTUDIAR


Taller de Técnicas de Estudio

Estudiar é unha tarefa fundamentalmente intelectual e complicada, na que se necesitan moitas horas, pero a moitas veces, os resultados que se obteñen non se identifican co esforzo dos noso fillos/as.

Os nenos e nenas necesitan ter unhas "ferramentas de traballo" adecuadas para afrontar o traballo con garantías de éxito no proceso de aprendizaxe.

Hoxe centraremonos no lugar de estudio e nas condicións que debe ter este espazo, para afrontar con éxito e eficacia esta tarefa. Aínda que en primeiro lugar, debemos valorar, cómo son os hábitos de estudio e traballo dos nosos nenos e nenas, para iso propóñovos realizar un cuestionario. Podedes elexir entre tres, realizanse todos de xeito online:

Test de estrés - Qué es, definición y concepto | Economipedia



O MEU RECANTO DE ESTUDO

50 IDEAS y 10 CONSEJOS para montar y decorar la zona de estudio y ...

A continuación deixovos unhas pautas xerais, que cada un debe adaptalas a súa situación persoal e familiar, sobre todo nesta época de confinamento. En primeiro lugar debemos comezar por aquelas que poidamos poñer en marcha maña mesmo, sin demasiado esforzo, calquer cambio ou modificación que introduzcamos pode resultar efectiva.

1.ONDE ESTUDIAR: é aconsellable estudar sempre:
  • No mesmo sitio, nun determinado lugar. Así resultará máis fácil adquirir un hábito.
  • Debe estar aislado de ruído e elementos que poidan distraerse: televisión, radio, teléfono, voces, etc.
  • Ter boa iluminación: a ser posible luz natural. Si é unha luz artificial é moi aconsellable un flexo ou lámpara sobre a mesa, de uns 60/90 vatios, si é azul, mellor. A luz debe ser indirecta e non debe dar nos ollos.
  • Ventilación e temperatura adecuada. A temperatura debe rondar os 20-22 grados. 
  • Debe ter una mesa amplia, ordenada, na que esté localizable e que colla todo o material que necesite, sólo o imprescindible.
  • Silla cómoda, que facilite unha postura relaxada e a súa vez activa, que axude o neno a concentrarse e non invitar ao apoltronamento.


2. CANDO ESTUDIAR
  • As primeiras horas do día son as máis propicias para o estudio, ainda que se deben programar sesións de estudios de varias horas, as cales deben interrumpirse cun ou dous descansos intermedios duns dez minutos, para "recargar as pilas".
  • Preferentemente e, a ser posible, estando solo ou sola. O estudio persoal é indispensable para a reflexión, a asimilación e a profundización en temas e ideas; ainda que o traballo en equipo é necesario e aconsellable, pero nunca debe sustituir a todo o traballo individual.
  • Preparar todo o material antes de comezar, nin interrupcións, ni visitas a outras depensencias da casa.
  • Comezar a estudiar con enerxía ou con unha postura decidida, pensando que o estudio é un medio de construirte e perfeccionarte. facernos persoas máis cultas.
  • Establecer un horario previamente establecido no cal se faga unha distribución do tempo dispoñible según as materias que haixa que estudiar e a dificultade de cada unha delas. Este plan debe ser persoal e estar adaptado as circunstancias persoais de cada quen. Recollendo as xornadas de estudio, as interrupción necesarias, o día de semana, os repasos, fechas de entrega de traballos, etc.
  • Utilizar todos os medios e técnicas que favorezcan e facilliten a asimilación, a reflexión, a economía dos esforzos e os tempos. Podedes utilizar diversas técnicas de estudios: guións, subrayadis, esquemas, etc, facendo preguntas sobre todo o lido e estudiado.
Deixovos unha  infografía de Aula Planeta, que resume cómo debe ser o noso lugar de estudio:



Ademáis tamén nos recomendan 5 pautas clave, para prepararse para o estudo. Comprobade si o levades a cabo ou deberíades mellorar algunha delas.



Espero que vos sexa de utilidade. O longo dos seguintes días irei subindo diversas entradas relacionadas co estudo.

MOITO ÁNIMO A TOD@S.😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario