martes, 21 de abril de 2020

"Si buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo" Albert Einstein


Hoxe, 21 de abril, é o Día INTERNACIONAL DA CREATIVIDADE E INNOVACIÓN
Dende o ano 2001 celebrase o día da Creatividad e a Innovación; esa capacidade individual que temos para recrear a realidad e cambiar as nosas vidas.
A creatividade ten que ver coa curiosidade pero tamén co cuestionamento, a flexibilidade,a fluidez,a persistencia, o equilibrio entre ciencia e arte, e a orixinalidade; e depende de factores individuais, familiares e socio-culturais.
O vídeo, que aparece a continuación,  recolle unas pautas para axudar aos nosos cativos/as a cómo desenvolver a cretividade aos nosos fillos/as. 


Beneficios para desarrollar a creatividade dos nenos e nenas

Fomentar a creatividade dos cativos e cativas dende ben pequenos vai a repercutir favorablemente no seu futuro, tanto a nivel persoal como na súa relacións cos demais. Algún exemplos dos beneficios de traballar o desenvolvemento da creatividade son, entre outros:
  • Crea aprendizaxe
  • Permite crear o autoconcepto e a autoestima
  • Axuda a expresarse mellor
  • Facilita a resolución de problemas
  • Mellora as suas relacións cos compañeiros e compañeiras
  • Xenera máis empatía
  • Aporta felicidade
  • Desarrolla a curiosidade
  • Crea estratexias de afrontamento e solucións ante os problemas ou situacións vividas


Actividades para desenvolver a creatividade


Exercicios para fomentar a creatividade

  • A cor; pideselle oa neno ou nena que identifique unha cor cun sentimento e posteriormente, solicitaselle que realice un debuxo expresando cas cores os seus propios sentimentos.
  • Combinar frases
  • Buscando palabras mentales. O neno u nena debe repetir no menor tempo posible a maior cantidade de palabras que comecen por unha letra determinada, por exemplo.
  • Respostas creativas. Solicitaselle aos cativos ou cativas que respondan as seguintes cuestións:
  1. ¿Cánto tempo costa dar unha volta ao mundo?
  2. ¿Con qué materiais se pode construir un avión?
  3. ¿Cómo chegarías ao colexio si as rúas fosen de auga?
  4. ¿Cántas formas de fuxir dun lugar encontras?

Espero que vos gusten 😊 
Una aperta forte💪



No hay comentarios:

Publicar un comentario