Diversidade significa variedade, diferenza. Se queremos unha sociedade mellor, debemos educar en valores. Ensinarlles aos nosos fillos e fillas, e ao noso alumnado, a ser tolerantes, a respectar, a promover a aceptación.Os contos son unha ferramenta moi útil e valiosa , que nos permiten ensinar dunha forma moi motivadora.
A miña proposta para hoxe, que celebramos o DÍA DO LIBRO, é facer un percorrido por 12 contos que traballan a diversidade.
Para acceder ao conto, picar no título.
- POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA: Ensínanos a importancia de valores como a amizade o compañeirismo, a tolerancia.
- ELMER: Fálanos da aceptación e a autoestima.
- EL CAZO DE LORENZO: Trata as dificultades coa que se atopa un neno diferente e das súas calidades.
- LA PELUCA DE LUCA: Aposta pola igualdade entre homes e mulleres. Liberdade e respecto polas persoas para elixir como ser, e como sentir .
- UN BICHO EXTRAÑO: Ensínanos a aceptar as diferenzas dos demais.
- EL LIBRO NEGRO DE LOS COLORES:Experiencia con los sentidos."Ver" los colores como lo haría un niño ciego.
- OREJAS DE MARIPOSA: Conto sobre a aceptación dun mesmo.
- CIRILO EL COCODRILO: Fala da cor da pel.
- MONSTRUO ROSA: Conto sobre o valor da diferenza.
- TODOS MENOS UNO: Valentía para afrontar ser diferente.
- OTRA COSA: Conto que nos axuda a entender como sentimos cando somos rexeitados. Tamén fala de empatía, tolerancia e amizade.
- LUCAS TIENE SUPERPODERES: Achéganos ao autismo.
Xa queda menos!💪😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario