lunes, 20 de abril de 2020

PICTOSONIDOS


Pictosonidos é unha aplicación para axudar ás persoas con dificultades de comunicación a través da linguaxe oral.
Ofrece diferentes categorías de familias de pictogramas.
Cada pictograma leva asociada unha locución da palabra e un son (cando cumpra).
Cada palabra de cada categoría leva asociada unha frase, con locución de voz incluída, para unha mellor asimilación de conceptos. Accédese pulsando na icona de conversación da esquina do pictograma central, o cal nos abrirá unha pantalla flotante coa frase complementaria ao concepto.
Esta aplicación tamén ofrece xogos: "Que é o que soa",
Espero que vos guste!.

Para acceder a aplicación, picar AQUÍ.

ÁNIMO, XA QUEDA MENOS!💪😀💓


No hay comentarios:

Publicar un comentario