martes, 14 de abril de 2020

XOGAMOS COS CONTOS!


A continuación presentamos unas serie de actividades que podemos facer unha vez rematemos de ler un conto, historia, relato, etc. 
Quen dixo que ler era aburrido?

  • Ler o conto a algún membro da nosa familia.
  • Describir de forma oral os diferentes personaxes que aparecen no libro.
  • Facer un debuxo da parte que máis nos gustou ou de algún personaxe.
  • Cambiar un dos personaxes da historia e imaxinarnos como podería ser agora o conto.
  • Como acaba o teu conto? Cambiar o final do conto e inventar outro que a ti che guste.
  • Nube de palabras. Vamos crear a nosa propia nube  con todas esas palabras que aparecen no texto e non coñeces. Vamos buscar o seu significado e escribilas empregando distintas cores e pegarémolas na nosa nube de palabras.
                                       
  • Crear un poster sobre o libro
  • Crear a túa guía de viaxe. Seguro que o teu conto se desenvolve en algún lugar. Investiga sobre ese lugar ou sobre outro que a ti che interese e crea a túa propia guía de viaxe para algún día poder visitalo en persoa.
  • Gravámonos contando o conto e logo escoitámonos.
  • Debuxa e escribir o teu propio conto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario