lunes, 20 de abril de 2020

PAUTAS PARA REFORZAR A LECTURA NA CASA

A continuación deixámosvos unha serie de pautas e actividades para que dende as vosas casas sigades traballando a lectura. 


                         

  • Ter unha boa postura, primeiro respirar profundamente e relaxarse antes de comezar, coller o aire suficiente, manter un ritmo axeitado, ler a modo e tranquilo, respectar as pausas, cambiar a entoación cada vez que sexa necesario...
  • Lectura silenciosa, consiste en realizar unha preparación previa da lectura, que despois realizarase oralmente; pódese facer isto coas lecturas da aula, dos libros de texto...
  • Lectura compartida, ler xunto a alguén na casa, un parágrafo cada un, ler primeiro o adulto e despois o neno/a, ler á vez...
  • Relectura, ler un texto dúas veces.
  • Escoitar lecturas gravadas ou gravalas co neno/a e despois detectamos os posibles erros.
  • Cronolectura, consiste en cronometrar un minuto de lectura e despois deterse, contar o número de palabra lidas e volver a ler o mesmo fragmento unha segunda e terceira vez, e ver si se reduciu o tempo.
  • Análise fonolóxico de palabras, ler palabras longas, complicadas, pouco coñecidas e separalas en sílabas, en letras, copialas, volver a escribilas...
  • Lectura de pseudopalabras, palabras inventadas.
  • Xogar a inventarse palabras, crear palabras a partir doutras existentes, completar palabras...e despois lelas en varias ocasións.
  • Ler utilizando unha tarxeta ou folla que tape os renglóns seguintes.
  • Ler un texto por partes, primeiro unha frase, despois ir aumentando e ler dúas frases, tres... ata acadar a fluidez e exactitude lectora, e así ata completar o texto. 













No hay comentarios:

Publicar un comentario