lunes, 20 de abril de 2020

Nen@s talent@s/Altas capacidades/Sobredotación

El Cerebro de Niños y Adolescentes: Niños Superdotados

Os cativos e cativas que presentan altas capacidades, sobredotación ou son talentosos, soen detectarse nos cursos de educación primaria, ainda que na etapa de educación infantil podense dar unha serie de indicadores que nos fagan sospeitar que un neno/a presenta un desenvolvemento cognitivo máis avanzado que o que lle corresponde por idade.
Algúns indicadores que podemos observar, entre outros son:
  • Desenvolven a linguaxe de manera precoz, hacia os 12 ou 18 meses.
  • Inicianse en aprendizaxes específicos(lectura, escritura, matemáticas) antes cos seus compañeiros. Aprende autónomamente e fan transferencias de coñecementos a outras áreas con naturalidade.
  • Son moi observadores/as e curiosos/as.
  • Prematuramente empezan a preocuparse por temas abstractos e trascendentes(orixe da vida e universo, a morte, etc).
  • As súas creacións artísticas e construccións poden ser moi ricas e creativas.
  • Teñen unha gran capacidade de concentración sobre todo nas tarefas que captan o seu interés.
  • Predomina o pensamento lóxico e a razón.
  • Poden ser hipersensibles e emocionalmente moi intensos.
  • Presentan falta de coincidencia temporal  entre o mental e o emocional. 
  • Suelen ser enérxicos e activos.
  • Tenden a cuestionar calquera autoridade. 
  • Poden mostrar gran resistencia ás instruccións ou aportacións dos demais.
  • Esixen moito de eles mesmos e dos demais.
  • En algúns casos presentan un comportamento obsesivo.
  • Necesitan ter éxito, son vulnerables ao fracaso e o rechazo dos compañeiros/as.
  • Sinten frustación ante a inactividade ou falta de progreso.


Deixovos unhas actividades lúdicas para traballar con aqueles nenos e nenas que presentan habilidades cognitivas superiores a media da poboación. Todas estas tarefas están enfocadas ao enrequecemento curricular horizontal. 

Pintar un cuadro
Compoñer unha melodía
Construir un obxecto
Modificar as regras dun xogo
Editar un periódico















Ánimo, xuntos venceremos 💪
Unha aperta forte 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario