miércoles, 22 de abril de 2020

Tsumani: Preadolescencia

Tsunamis: MedlinePlus en español

Cada día os nenos e nenas, entre 10 e 14 anos, manifestan unha rebeldía ante a vida e os seus proxenitores que non é fácil de levar, están a vivir unha preadolescencia

Tódolos nenos e nenas pasan por esta fase de rebeldía xa o que o seu cerebro actua baixo os impulsos dos intintos e razoan dunha maneira inmadura. Por este motivo, decimos que os preadolescentes son "tsumánicos" xa que son pura emoción e pouca razón.

Os nenos e nenas destas idades enfróntanse a un doble cambio: no seu corpo e na súa mente. Os xóvenes desexan vivir experiencias emocionantes e cheas de gratificacións emotivas, pero ao mesmo tempo carecen de habilidades cognitivas necesarias para manexar esos riscos e prever as consecuencias que derivan delas.

segredo para sobrevivir a este "tsumani" chamado preadolescencia é comprender o que está a pasarlle ao seu cerebro en plena evolución, cómo nos aconsellan Barbara Tamborini e Alberto Pellai, expertos en Psicoloxía do desenvolvemento. 

Algún consellos para as familias con preadolescentes "tsumánicos", propostos por estes dous expertos, son:

  1. Dar bo exemplo. Os preadolescentes están moi atentos á coherencia dos adultos que os educan e inspíranse en persoas que fan o que din.
  2. Aprender a manexar un conflicto sen recurrir aos gritos e ás labazadas. Utilizar o poder da vosa mirada e a autoridade quieta que todo adulto debería poñer a disposición dos que están crecendo.
  3. Elexir poucas e boas regras e ser firmes nelas.
  4. Regular o tempo que os nenos e nenas poidan pasar conectados a Internet e axudarlles a administrar as súas redes sociais de manera responsable.
  5. Impartir unha boa educación emocional, afectiva e sexual: os nativos dixitais necesítano especialmente.
  6. Pedir axuda a un adulto de confianza, mellor si é pai de preadolescentes, cando vos sintades agotados.

Moito Ánimo, xa queda menos. 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario