jueves, 30 de abril de 2020

APRENDEMOS A ESTUDIAR:TÉCNICAS DE ESTUDIO

Aprender-a-estudiar
As técnicas de estudios son actividades específicas mecánicas e sistematizadas, que poden ser aprendidas e interiorizadas por cada persoa, axudándoa a mellorar os seus resultados académicos. Moitas veces a clave do éxito non está en estudiar máis, senon en buscar a actitude adecuada ante a aprendizaxe, aprobeitando ao máximo os recursos e aplicando estratexias que faciliten unha aprendizaxe máis metódica e personalizada.
En outras verbas, as técnicas de estudios son ferramentas para facilitar o estudo e mellorar os logros. 
A continuación deixovos un vídeo resumo do citado anteriormente.


Os beneficios das técnicas de estudio son, entre outras:
  • Fomentar a motivación
  • Favorece o interés
  • Facilita a cooperación
  • Permita unha maior autonomía
  • Maior iniciativa e creatividade

Para conseguir estudar de forma eficiente o alumno ou a alumna de primaria debe reunir os seguintes requisitos básicos:
  • Poder: ter os recursos materiais, a capacidade e a aptitude
  • Querer: estar motivado ou motivada
  • Saber estudiar: manexar as técnicas de estudo

A primeira que vos presento, consiste nunha serie de pasos a realizar;

  1. Lectura global do tema ou pregunta.
  2. Lectura a fondo de cada parte do tema ou pregunta. 
  3. Repaso de cada parte ou cuestión, intentando comprender e relacionar a información.
  4. Lectura xeral, repaso rápido.
  5. Facer unha lista con posibles preguntas e respostas do tema, sin consultar o material. Posteriormente, comprobar que as respostas dadas son acertadas.
O longo destes días, mostrareivos diversas técnicas de estudo adecuadas ao alumnado de educación primaria.

Espero que vos sexan útiles. 😊
Recordade que: os pequenos cambios provocan grandes éxitos


No hay comentarios:

Publicar un comentario