viernes, 19 de junio de 2020

A DESPEDIDA



Chega o final de curso, outro ano máis que se nos vai case sen darnos conta. 

É un momento de alegría porque por fin chega o verán, o bo tempo, os días de praia... pero ao mesmo tempo de tristeza polas despedidas.

Gustaríanos dende este blogue polo cal nos levamos comunicando dende finais de Marzo, comentarvos o orgullosos/as que estamos do traballo realizado por cada un de vós durante este curso escolar. Un curso que non foi como calquera outro.

Tocounos vivir momentos complicados pero a pesar disto, continuaches adiante, realizando o voso traballo dende as casas, da mellor forma posible. 

Moitas grazas polo voso esforzo, traballo e dedicación.

Agora toca descansar, gozar e tomar todas as enerxías necesarias para volver á rutina o próximo curso, onde novos retos espéranvos. Por iso, este verán ler moito, viaxa coa imaxinación a mundos incribles e coñece a persoas marabillosas. Recordade que o mellor compañeiro de viaxes e do aburrimento é un libro.

Feliz verán!




No hay comentarios:

Publicar un comentario