lunes, 8 de junio de 2020

NENOS E NENAS RESILIENTES


A resiliencia é a capacidade  do ser humano para afrontar calquera situación, incluso a máis adversa, de forma positiva. Na actualidade é moi importante posto que o mundo que nos rodea está en constate cambio.
A resiliencia é unha capacidade dinámica que se vai desenvolvendo ao longo da vida. Polo que é positivo deixar aos nenos e nenas descubrir e experimentar o mundo. Cada experiencia que desperte a curiosidade e sea inspiradora pode axudar a desenvolvela. Esta desenvolvese a través de conductas, do control de pensamentos e de actitudes que eles poden aprender. 

O seguinte video explica, por nenos e nenas, que é a resiliencia, e para nenos e nenas.


A continuación, móstranse unhas orientacións para desenvolver un cerebro resiliente nos nenos e nenas:

1. Establecer vínculos fortes e apego saudable; facer e ter amigos; ensinar aos nenos e nenas a axudar aos demais.
2.Entrenar as funcións executivas: ofrecer recursos aos nenos e nenas para que sean capaces de resolver problemas, de forcalizar a atención e de ser creativo cando acontecen desafíos, sexan grandes ou pequenos. 
Algunhas estratexias para desenvolver as funcións executivas son: establecemento de rutinas, modelar comportamentos sociais, favorecer a conexión social, realizar xogos creativos, xogos de memoria, e dar a oportunidade para que tomen as súas propias decisións.
3. Practicar a atención plena. Ser capaces de conectar co aqui e agora de forma relaxada, mellora a conexión cerebral, alivia o estrés e potencia as función executivas.
4. Animar aos nenos e as nenas  a fixarse metas.
5. Potenciar a autoestima positiva; axudandolle a que aprenda a confiar en sí mesmo para resolver os problemas e tomar decisións adecuadas.
6. Ensiñar aos cativos e cativas a ver o positivo incluso nas cousas malas.
7. Estimular o autocoñecemento nos nenos e nenas.
8. Aceptar que o cambio é parte da vida.

Agora tócavos  estimular e potenciar a vosa resilencia.
Proyecto MARES: 15 frases resilientes
Unha aperta forte

No hay comentarios:

Publicar un comentario