lunes, 8 de junio de 2020






Unha tarde no  Museo:

     Boas tardes:   nesta ocasión  deíxovos tres propostas coas súas correspondentes   ligazóns dalgúns  dos grandes museos do mundo para que pasedes un bo rato descubrindo e  coñecendo parte da cultura europea, tanto antiga como moderna.

Museo do Louvre

No primeiro enlace poderedes ver  un documental sobre o Museo do Louvre que  está en na  capital de Francia e no que atoparedes unha breve representación das  grandes obras de arte que esta gran pinacoteca posue.
Exemplo da extensa colección son: a Gioconda de Leonardo da  Vinci, e en escultura a Venus de Samotracia, entre outras moitas.









 Documental Museo do Louvre:     IR A


Museo de Ciencias  Naturales Madrid



   Se o que realmente vos gusta son a flora e a fauna non vos podedes perder a seguinte ligazón  onde viaxaredes ata  o Museo de Ciencias Naturales de Madrid. Alí  poderedes pasear  dunha maneira virtual por  alguhas das súas salas que albergan animais e esqueletos increíbles.

Visita Virtual Museo de Ciencias Naturales Madrid  IR A



Tate Gallery de Londres

Finalmente non quería deixar pasar esta oportunidade de introducirvos no interesante e polémico mundo do arte contemporáneo.
 Invítovos desta maneira a exploración do mundo do arte contemporáneo a través dun dos museos máis prestixioxos do mundo, a Tate Gallery de Londres. 

Aquí atoparedes mostras deste arte tan peculiar podendo disfrutar non so das diferentes obras mais representantivas do mesmo , senón que  o mesmo tempo  ofrécesevos a oportunidade  de experimentar,  a traves de  diferentes propostas lúdicas que van desde aprender a debuxar e pintar con diferentes técnicas,  decorar,  ou incluso facer coreografías etc,  e sentirvos como un  artista contemporáneo. Todas elas están especialmente dirixidas para os máis cativos.

         
              TATE MODERN KIDS    IR A

      Tamén na seguinte  ligazón destacar que dentro das propostas lúdicas da  Tate Kids para  aqueles que sexades mais creativos atoparedes instruccións de como moldear e facer esculturas de plastilina con ingredientes que podedes atopar facilmente nas vosas casas.

           Plastilina caseira :IR A

Espero que estas propostas maís lúdicas sexan do voso agrado. Un saludo o profesor Nicolás.






No hay comentarios:

Publicar un comentario