lunes, 15 de junio de 2020




PROPOSTAS DE WEBS DINÁMICAS EN LINGUA INGLESA


Boas tardes, hoxe convídovos como en anteriores ocasións a pasarvos por alguhas das seguintes ligazons lúdicas  e que vos servirán de repaso de cara  o verán na asignatura de Inglés. Velaquí a miña proposta:

Cbeebies:







Páxina  dependente  e elaborada pola BBC para os mais cativos onde predomina o colorido e os contenidos en inglés para os máis novos a partir  principalmente  de videos curtos onde familiarizarse co vocabulario básico da lingua inglesa. Desta  maneira poderedes practicar o listening tamén.


                                       CBEEBIES   IR A

   

Funny english games:

Nesta páxina atoparedes unha amplia variedade de exercicios, xogos , fichas ou worksheets, e mesmo videos onde practicar os listening. Son tamén salientables o gran  número e temáticas variadas dos  quizzes ou xogos de  preguntas e respostas , os seus trabalinguas ou  tongue twisters , e chistes ou jokes .  Está pensada para os  estudiantes de inglés como segunda lingua.

                                       FUN ENGLISH GAMES             IR A


Bitesize: 

Aquí atoparedes moitos xogos para practicar o inglés  e diversas  materias  tales como: matématicas, ciencias,  ou mesmo xeografíá e están todos graduados nivel de dificultade. Inda que está enteramente en inglés pódese cambiar o idioma na parte superior dereita.

BITESIZE PRIMARY GAMES      IR A

                    


Na segunda ligazón entraredes na home ou páxina principal onde atoparedes actividades que son actualizadas semanalmente. Conta con diversos apartados catalogados por idades sendo un deles específico para nenos de 3 a 11 anos. A maiores podedes atopar  un apartado de cultura británica onde poderedes coñecer un pouco máis os seus  costumes  e tradicións   e o mesmo tempo introducirvos en proxectos científicos.

                                    BITESIZE HOME     IR A


 Gustaríame finalizar dentro desta pequeña listaxe  de páxinas mencionando unha  actividade  práctica e especialmente pensadas para os nenos que avanzan cara secundaria.


Play with irregular verbs:

Na seguinte ligazón poderedes practicar cun pequeno número de verbos irregulares  ou irregular verbs. Está conformada por unha aplicación flash na que hai diversos exercicios  de matching,  un hangman ou  aforcado entre outros.



                         PLAY WITH IRREGULAR VERBS: IR A

Espero que sexan do voso agrado. Un saludo o profesor Nicolás.




No hay comentarios:

Publicar un comentario