jueves, 4 de junio de 2020

AS FOBIAS NO AUTISMO


A fobia descríbese como un medo marcado e persistente que é excesivo ou irracional, desencadeado pola presenza ou anticipación dun obxecto específico ou situación.
Os nenos/as con TEA poden ter fobia a cousas tan cotiás como pode ser cortar o pelo ou as uñas, ambientes ruidosos, ruídos concretos como batidoras, secadores de pelo.... os cans ou os globos… Estes son algúns exemplos de fobias e medos comúns no autismo.
As hipersensibilidades a certos estímulos (auditivos, visuais, táctiles...) adoitan ser a orixe.
O resultado son medos, ansiedade, berros, condutas ao noso ollos neurotípicos inadecuadas.... Pero a abordaxe destas é diferente ao que se usa noutros problemas conductuais: xamais forzaremos ao neno/a para enfrontarse a eses medos, e convén realizar un programa de desensibilización sistemática -en mans dun profesional- cunha exposición gradual, secuenciada e sistemática ao estímulo fóbico. 
En paralelo traballaremos sempre actividades sensoriomotrices: táctiles, olfativas, auditivas.....

Cales serían as posibles situacións que xerarían estados angustiosos e/ou de medo nos nenos/as con TEA?
  • Cando existe unha sobre-estimulación sensorial  e/ou cognitiva.
  • Nun momento de espera ou de falta de programación, un momento en que non se sabe o que vai a pasar. 
  • Cando presentan estados de confusión, debido a molestias físicas, falta de descanso... 
  • Cambios bruscos de rutina e estrutura do emprazamento ao que están afeitos, sen previa anticipación daqueles sucesos novos. 
  • Cando se ten pouco coidado no manexo dos tons de voz cara a eles, (lembremos a súa dificultade para traducir ou asociar xestos e entoacións co estado anímico das persoas).
  • Ante a impotencia de non poder demandar o que necesitan de maneira inmediata, etc.

Convén intervir nas fobias se:
  • Supoñen un risco físico para o neno ou para algún outro familiar.
  • Limitan as rutinas cotiás e a dinámica familiar.
  • Limitan as situacións de aprendizaxe do neno/a.
  • Xeran intenso malestar e angustia.


QUE NON FACER ANTE UNHA FOBIA.
  • Impedir fisicamente que o neno/a se aparte ou fuxa do estímulo fóbico: forzar a exposición a unha fobia xerará aínda máis medo e ansiedade.
  • Argumentar que non pasa nada ou sermonear sobre o problema: as fobias son irracionais e consecuencia de desordes sensoriais.
  • Perder a paciencia ou castigar.
  • Observar para localizar que estímulos provocan esa ansiedade ou medo: texturas, sons, cheiros, espazos, obxectos, animais...
  • Habituación con xogos e actividades á estimulación que resulta molesta: actividades auditivas, actividades tactiles, actividades olfativas....
  • Expoñer ao neno a situacións estimulares de maneira indirecta: gravacións, fotos, vídeos... onde apareza o seu estímulo fóbico.

Para máis información sobre este tema recomendamos pichar no seguinte enlace.



No hay comentarios:

Publicar un comentario