O cálculo mental é unha ferramenta matemática que nos serve
para "manter en forma a nosa mente". Multitude de actos cotiáns
esixen poñer en marcha a mente para realizar rápidos cálculos matemáticos.
Deducir a volta dunha compra, un desconto nun comercio e
outras operacións, a miúdo sinxelas pero que a moitos lles resultarían máis
cómodas se as realizasen con lapis nun papel, son máis fáciles de resolver se
se aprenden e aplican distintas estratexias e técnicas de cálculo mental.
A práctica do cálculo mental contribúe a adquirir a
comprensión e sentido do número, proporciona versatilidade e independencia de
procedementos e axuda na reflexión para decidir e elixir.
Algún dos beneficios de utilizar o cálculo mental:
- Desenvolve o sentido numérico e as habilidades intelectuais como a atención e a concentración.
- Posibilita melloras no momento de resolver problemas.
- Os alumnos poden visualizar o problema máis facilmente pois teñen idea dos resultados que buscan.
- Permite unha mellor “lectura” dos números.
- Permite traballar con relacións estritamente matemáticas.
- Permite descomposicións de números diferentes ás tradicionalmente ensinadas.
- Favorece a aprendizaxe dos algoritmos coñecidos e saber cando e por que convén empregalos.
Pica en CÁLCULO MENTAL e accede a distintas tiras de cálculo para
practicar dende a casa. Recurso do blog Aula PT.
No hay comentarios:
Publicar un comentario