martes, 16 de junio de 2020

PRONUNCIACIÓN SON R

A dificultade para pronunciar o son R  FORTE é moi frecuente no alumnado, especialmente entre os 3 e os 6 anos. 


Cabe recordar que este son é un dos derradeiros en adquirir de xeito natural, polo que non debemos preocuparnos en exceso se aos 5 ou 6 anos o/a neno/a  todavía non é capaz de pronuncialo correctamente. Non obstante, si que podemos ir traballandoo para favorecer a adquisición dun xeito correcto.


Deixovos AQUÍ unhas pautas sinxelas que podedes traballar dende casa (exercicios de respiración, sopro, etc.) 

***Importante non presionar o/a neno/a nin insistir moitas veces, xa que podemos conseguir que se frustre e mostre rexeitamento cara o traballo, mellor practicar un rato cada día, preferiblemente a modo de xogo***

Ex
EXERCICIOS PARA LOGRAR A VIBRACIÓN DO SON R FORTE:

1. Antes de nada, hai que ter clara cal é a correcta colocación da lingua para que se poida pronunciar o son. Podemos comezar co "chasquido" (o son do trotar dun cabalo), que consiste en pegar toda a superficie da lingua no paladar. Despois, intentaremos permanecer o máximo tempo posible coa lingua tocando o paladar e respirando pola nariz. Logo, collemos aire pola nariz e o votamos moi forte pola boca sen despegar a lingua do paladar, facendo unha especie de "pedorreta" coa lingua.


2. Se o/a neno/a é capaz de pronunciar o son R SUAVE, podemos utilizalo tamén para intentar conseguir a vibración, do seguinte modo.







3. Outro truco que resulta bastante efectivo (supoñendo tamén que pronuncie ben o son R SUAVE), é partir das sílabas inversas.

O/a neno/a debe pronunciar AR, ER, IR, OR, UR alargando a R o máximo posible:

ARRRR, ERRRR, IRRRR, ORRR, URRR... 

É dicir, deben intentar deixar a lingua arriba tocando o paladar (detrás dos dentes superiores) mentras siguen votando aire.


4. O cuarto truco que nos pode resultar útil para pronunciar a R FORTE é practicar partindo dos sinfóns (especialmente TR).

O/a neno/a debe pronunciar TRA, TRE, TRI, TRO, TRU alargando a R o máximo posible, é dicir, apretando a lingua moi forte contra o paladar e votando aire ó mesmo tempo. 





Comentarios

No hay comentarios:

Publicar un comentario