Este xogo ten como obxectivo traballar a planificación e consiste en axudar ao excursionista perdido
a chegar ao campamento seguindo unhas normas. A psicóloga especialista en TEA e
Funcións Executivas, Alba Talavera, comparte un xogo para traballar a
planificación.
INSTRUCIÓNS:
Estando de excursión, un dos nenos perdeuse no bosque.
Para axudarlle a volver ao campamento, hai que construír un camiño, pero temos
que seguir certas normas.
Antes de empezar, temos que seguir as instrucións de
cada tarxeta:
- Coller o taboleiro correspondente, o de 3×3, o de 4×4 ou o de 5×5.
- Colocar os obstáculos no taboleiro: árbores ou rocas.
- Colocar a entrada ao bosque e a saída ao campamento.
- Coller as pezas que se indican: hai de diferentes tamaños.
Para facer o camiño, usaranse todas de forma que o
taboleiro, quede cuberto por completo. Nas tarxetas, ademais das instrucións,
tamén aparece a solución de cada reto (só hai unha solución posible).
Para poder descargar o xogo, pica AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario