jueves, 18 de junio de 2020

IGUALDADE DE XÉNERO



Cal é a diferenza entre xénero e sexo?

  Para a maioría dos nenos, ser home ou muller é algo que sente moi natural. Cando nace un bebé asígnaselle o xénero, masculino ou feminino, de acordo coas características físicas. Isto refírese ao "sexo" ou ao "xénero asignado" do neno. Mentres tanto, a "identidade de xénero" refírese ao sentimento interno que as persoas teñen de quen son.


Para comprender mellor as diferentes situacións,temos que distinguir unha serie de termos a este respecto:



Expresión de xénero: formas de manifestar o xénero dunha persoa, que se manifesta nas maneiras de falar, mostrarse ante outras persoas, vestirse, a elección de xoguetes ou as actividades que prefire.

Identidade de xénero: é o sentimento íntimo de identificación como home ou muller, independentemente dos xenitais ou a dotación cromosómica que a persoa posúa.

 Identidade rexistral: é a que se fai no momento do nacemento.

Transexualidade (Trans*): é a situación na que se atopan as persoas cuxa identidade rexistral non coincide coa súa identidade de xénero.

Cisexualidade: é a situación na que se atopan as persoas nas que as súas identidades, rexistral e de xénero, son coincidentes.

Orientación sexual:
é a atracción emocional, romántica, sexual ou afectiva cara a outras persoas.

 É importante destacar que a condición de persoa transexual non é      deliberada ou caprichosa. Tampouco é un trastorno mental nin
 do comportamento. É unha condición coa que se nace.



No caso de moitos menores cunha identidade de xénero diferente da asignada no nacemento, xa desde a primeira infancia empezan a sufrir unha incomodidade e incluso un malestar intenso co seu corpo e coa forma na que son percibidos pola súa familia e contorna.
A manifestación en menores de desconformidade coa sua identidade de xénero pode supoñer, en determinados casos, unha situación de especial vulnerabilidade e chegar a provocar problemas como o rexeitamento social ou mesmo acoso por parte dos compañeiros e das compañeiras, que incide nas experiencias educativas.
Polo tanto ,debemos traballar para que esto non suceda,atendendo á diversidade e á inclusión. E ,sobre todo,é fundamental que se parta dun principio básico : o respecto!

A continuación deixamos algunhas curtas e contos para que poidades reflexionar sobre o que acadamos de describir.




Neste vídeo, coñecemos a un neno ou nena (non o sabemos con seguridade) que vai cun vestido a clase e as reaccións da xente á súa ao redor: o resto da clase, os seus proxenitores, a súa profesora, o director… Este curto sérvenos para reflexionar sobre os estereotipos de xénero e concienciar sobre as dificultades do alumnado trans* tanto na súa contorna escolar como coa súa familia.

Na seguinte animación explícao moi ben:



Para os nenos máis pequenos a literatura pode servir para ensinar a naturalizar a todo tipo de persoas diversas dende a primeira infancia. A editorial Baixo o arcoíris, por exemplo, ten moitos contos en descarga gratuíta par tratar temas LGBT que os nenos e nenas reciben sempre moi ben.
Neste caso, A familia de Martin dá voz a un gato abandonado que é adoptado por unha parella de cans que á súa vez viven nunha casa dunha parella de mulleres. Trátase a adopción, as familias diversas e faise entender que toda a xente pódese querer a través das súas diferenzas.






Moitos bicos ,familia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario