A discalculia é un trastorno específico da aprendizaxe ligado a área de matemáticas, caracterízase por unha dificultade na aprendizaxe e manexo da numeración (cifras e números) e para realizar e comprender cálculos matemáticos (operacións aritméticas e resolución de problemas).
O DSM-V engloba este trastorno dentro do trastorno específico da aprendizaxe e cítao como un termo alternativo utilizado para referirse a un patrón de dificultades que se caracteriza por problemas de procesamento da información numérica, aprendizaxe de operacións aritméticas e cálculo correcto ou fluído.
Este trastorno pode aparecer asociado a trastornos ou dificultades específicas na lectura e escritura, como a dislexia. A causa é de tipo multifactorial con base neurolóxica.
O neno ou nena con discalculia presentará unha serie de dificultades como:
- Dificultades na noción de cantidade.
- Dificultades na noción e escritura de números: copia e ditado, escritura incorrecta dos números, confusión entre números cunha forma ou son semellante, inversión numéricas, erros nas seriacións numéricas como repeticións ou omisións de números.
- Confusión entre os signos numéricos.
- Erros nas operacións aritméticas.
- Dificultades no cálculo mental e nas estimacións.
- Erros no razoamento e na resolución de problemas
- Cústalle entender as figuras xeométricas e captar as estruturas espaciais.
- Dificultades para realizar abstraccións a partir de material numérico.
A maiores poden aparecer dificultades noutros ámbitos como:
- Dificultades perceptivo-visuais.
- Dificultades na orientación espacial.
- Dificultades na adquisición do esquema corporal, lateralidade.
- Problemas coa orientación espacial.
- Dificultades nos conceptos abstractos como o tempo ou as unidades de medida.
Exercicios que podemos realizar con este alumando:
- Exercicios perceptivo-motores que comprendan actividades para o coñecemento do esquema corporal, simetrías, conceptos como arriba/abaixo, diante/detrás, dereita/esquerda, exercicios de orientación espacial, actividades de coordinación viso-motrices...
- Traballar a manipulación como base das matemáticas.
- Traballar a atención (en especial a atención sostida) e a memoria (memoria de traballo) como funcións básicas.
- Exercicios específicos de cálculo, centrándonos na noción de cantidade, que engloba asociación número-obxecto, conservación da materia, con cantidades continuas e discontinuas, cálculo escrito e mental, contar, unir, separar, clasificar con obxectos, escritura de números, realización de operación con apoios materiais, etc...
- Exercicios a través das TIC (pizarra dixital, software, apps, actividades LIM...)
No hay comentarios:
Publicar un comentario