martes, 9 de junio de 2020

PATALETAS INFANTIS

Pataletas infantiles. Cómo actuar

Unha pataleta é una incapacidade para controlar e recoñecer as emocións que sinten os nenos, soe presentarse na etapa de educación infantil de 1 a 6 anos. Intención de mostrar e impoñer os seus propios desexos acompañados de unha intensa frustación que deriva nos choros. Esta forma parte do desenvolvento dos nenos e nenas destas idades.

Orientación para afrontar unha pataleta infantil:

1. Autocontrolarse, non perder o control ante a situación. Debemos ensiñar a controlarse ao neno/a, sempre controlando a nosa actitude como adultos.
2. Falarlle a súa altura, mirandolle a cara; isto fará que a mensaxe que queremos transmitirlle chegue mellor, pois sentirase atendido e escoitado.
3. Empregar o reforzo positivo.
4. Utilizar palabras simples. Centrandonos en ensinarlle a manexar a frustación.
5. Empregar un ton de voz tanquilo.
6. Ofrecerlle alternativas; cando o neno/a esté disposto a escoitarnos.
7. Darlle ao neno/a a posibilidades de escoller.
8. Establecer uns límites claros.
9. Si se deixa contelo/a cunha aperta.
10. As opinións dos demais que nos rodean non nos deben influir na nosa actuación.
11. Cando a pataleta remate, falar do ocorrido. Ensinarlle diferentes estrategias que poden empregar para que lle prestemos atención.

En palabras de Lerner: "Canto un máis valide os seus sentimentos, menos necesitará reaccionar para demostralos"

Unha forte aperta😉




No hay comentarios:

Publicar un comentario