Que é o
autocontrol?
É a capacidade
de xestionar as nosas emocións da maneira máis axeitada para poder evitar ou
minimizar consecuencias negativas dos nosos actos. O autoncontrol non é innato,
é unha calidade que se vai adquirindo e é un aspecto moi importante a traballar
na infancia, especialmente no caso dos nenos con alta impulsividade.
Existen
numerosas técnicas para traballar de maneira lúdica cos nenos/as o
autocoñecemento emocional.
Hoxe vamos
falarvos da TÉCNICA DO VOLCAN.
Antes de que as nosas emocións
se descontrolen, no noso estómago sentiremos calor e sensacións que nos indicarán
que estamos a piques de “estalar”, igual que pasa cando erupciona un volcán
A técnica
consiste en controlar as sensacións antes de que “erupcione” o volcán.
Debemos explicarlles aos nenos/as que cando existe algo que non nos gusta e nos empezamos a enfadar, empezamos a experimentar no noso ventre unha lixeira
calor, coma se empezásese a quentar a lava dun volcán.
Segundo vai
pasando o tempo, se non sabemos como apagar o lume do volcán, a lava ponse a
ferver e erupciona, estala e pode queimar todo.
Trátase de que os rapaces/as
aprendan a identificar situacións que lles alteran e tamén as condutas
inadecuadas que realizan.
É aconsellable
combinar esta técnica coa respiración ou coa conta ata 10 ou 20 para que o neno/a aprenda a xestionar a emoción e non reprimila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario