jueves, 18 de junio de 2020

DIMO EN GALEGO!

O galego é unha lingua romance falada principalmente en Galicia.Está emparentada co portugués co que formou unha unidade lingüística durante a Idade Media.
O galego ,como todas as linguas romances,provén do latín vulgar falado na antiga provincia romana de Gallaecia.Tras a caída do Imperio romano de Occidente,as diferentes variantes do latín consolidáronse.Unha delas ,foi o galego medieval o galaicoportugués.
O galego forma parte da nosa identidade como pobo,e ten unha riqueza inmensa que debemos  manter ,protexer e estudar.
Verbas tales coma:

Foliada, Riquiño, Ruliña, Acivro, Brincadeira, Xoaniña... verbas tan agarimosas como imprescindibles.
Berce, Axóuxere, Boneco: Se o galego xa é un idioma agarimoso, que agardar das verbas referidas aos Cativos.
Petisco Os nosos pintxos molan moito.
Riquiño/a: Un adxetivo marabilloso e ademáis cun potencial enorme de exportación.
Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso. Loamiñeiro
Meigallo: O traballo dunha Meiga. Un Feitizo en plan mal. 

Rabudo: Outra das nosas palabras TOP. 

Amizar: Cando está a rematar a choiva. A podemos incluir nesas 70 verbas que temos para designar a choiva e tódolas as súas variantes. Outros fenómenos que pasan no ceo e nos encantan poden ser Luar, Lóstrego, Treboada ou Brétema.

Luscofusco:  Ese momento xusto do solpor no que aínda queda luz solar. Unha desas expresións que non teñen traducción exacta noutro idioma.

Golfiño, Ollomol, Curuxa, Xoaniña, Anduriña, Bolboreta, Besbello, Avelaíña, Paporrubio, Vagalume: A Bioloxía en galego é máis fermosa. Como mellorar verbas como Ruliña, Parrulo ou Galopín?

Caluga, Pulso, Colo, Cóbados... Tamén a anatomía no noso idioma cobra outra dimensión.


           REPASAMOS ALGO DE VOCABULARIO ,VEÑA!




No hay comentarios:

Publicar un comentario