Tal é como se recolle no Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais que elaborou a Xunta de Galicia entendemos
por altas capacidades intelectuais
aquelas persoas que mostran un nivel de aptitude sobresaínte en unha ou máis
áreas de coñecemento. Este termo engloba outros grupos como son: precocidade
intelectual, talento e superdotación.
ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS
A familia xoga un papel fundamental na educación dos seus fillos/as. En consecuencia cómpre que a familia:
- Observe o desenvolvemento do seu fillo/a, as súas manifestacións e, cando proceda, as rexistre.
- Colabore no desenvolvemento académico, social e emocional do seu fillo/a, procurando que teña unha boa imaxe del mesmo e dela mesma, coidando as mensaxes que, directa ou indirectamente, se lle transmiten e facilitándolle experiencias gratificantes na procura de coidar a súa autoestima.
- Promova o desenvolvemento das potencialidades do seu fillo/a, evitando un excesivo nivel de esixencia e un desaxutes nas expectativas.
- Responda aos intereses do seu fillo/a e ao seu afán de coñecemento, favorecendo un ambiente variado en estímulos, consonte coas súas potencialidades e cos intereses que amosa.
- Evite todo tipo de comparacións. Cada nena/o é singular.
- Fomente a autonomía do seu fillo/a, con orientacións claras sobre o xeito de atopar respostas e solucións aos seus problemas sen temor ao fracaso.
- Promova valores de solidariedade, respecto, tolerancia, colaboración, etc; evitando, de ser o caso, comparacións indebidas referidas ás capacidades do seu fillo/a. Cada neno/a debe aprender a respectar e valorar as demais persoas, do mesmo xeito ca estas deben respectalo a el/ela.
- Favoreza o desenvolvemento integral da súa filla/o, non centrándose unicamente na parte cognitiva, tamén no ámbito socio-emocional, e facilitándolle ferramentas e estratexias para xestionar a súa tolerancia á frustración e os seus estados emocionais.
- Valore o esforzo e a constancia, recoñecendo o traballo ben feito aínda que non perfecto, ensinándolle a aceptar os seus erros e aprender deles. É importante fomentar hábitos de traballo e a implicación nas tarefas.
Ademais destas pautas xerais, recomendamos a lectura de Niños y niñas con altas capacidades intelctuales. Pautas para padres y madres. Guía elaborada pola Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario