viernes, 29 de mayo de 2020

XOGO PARA DISCRIMINAR: S e Z








                                                               discriminación S y Z

COMPRENSIÓN LECTORA

A continuación mostrámosvos unha serie de actividades para traballar a comprensión lectora. Estas actividades poderíamos devidilas en actividades previas, durante e posteriores á lectura. 
Destacamos por exemplo actividades como: 

  • Preguntas directas, indirectas, que impliquen facer inferencias.
  • Preguntas de verdadeiro/falso, de opción múltiple...
  • Preguntas de opinión persoal, abertas.
  • Completar oracións, parágrafos, continuar a historia...
  • Cambiar o título do texto, inventar novos títulos.
  • Identificar a idea principal do texto e as ideas secundarias. 
  • Dividir o texto en partes, identificando presentación, nó e desenlace.
  • Descompoñer o texto e ordenalo de novo.
  • Facer unha liña cronolóxica, liña biográfica.
  • Facer debuxos para acompañar o texto.
  • Facer unha liña de imaxes.
  • Relacionar debuxos dados coa historia, unir palabra/imaxe. 
  • Poñerlle o texto a unha historia feita con viñetas.
  • Facer comentarios a pé de foto, imaxe, ilustración...describilas.
  • Facer unha liña argumental con palabras clave. 
  • Aumentar a historia. 
  • Baralla de preguntas sobre o texto.
  • Parada en tres minutos aplicada a comprensión lectora. 
  • Esquematización dun conto.
  • Ler unha historia e ordenar viñetas cronoloxicamente.
  • Buscar absurdos nun texto
  • Resumo do texto coas súas palabras.
  • Facer un diagrama de fluxo, diagrama argumentativo.
  • Tendal de palabras clave do texto...




ACTIVIDADES REFORZA-T: Bos días, aquí  envíovos unha nova tanda de exercicios para realizar na casa, son voluntarios.  Espero que sexan do voso agrado e interese. Bo fin de semana 
Un saludo o profesor Nicolás. 

    

     ACTIVIDADES  3º  18       DESCARGAR

     ACTIVIDADES  4º  18       DESCARGAR

     ACTIVIDADES  5º  18       DESCARGAR

     ACTIVIDADES  6º  18       DESCARGAR

VENRES DE CINE!

A proposta de actividade para hoxe é a visualización da curtometraxe "Hair Love" ,do director e escritor Matthew A. Cherry, está centrada no amor propio e o traballo en equipo.

Esta curta foi gañadora do Oscar 2020, unha emotiva historia onde un pai aprende a axudar a sua filla pequena. Un relato cargado de tenrura e sensibilidade, con dous elementos insiradores protoganistas: unha xoven afroamericana que ama o seu pelo alborotado e unha familia donde o pai é unha luz positiva no coidado. 



Espero que vos guste.😉
Bo fin de semana😘

MULTIPLICAR É DIVERTIDO!


Trucos para aprender a multiplicar


Hoxe imos multiplicar e a divertirnos . Para iso imos facer multiplicacións e crebacabezas á vez. Adiante!
Para acceder a estas fichas interactivas clica na imaxe.

TABLAS DE MULTIPLICAR PARA IMPRIMIR.

ATA PRONTO!

jueves, 28 de mayo de 2020

ACTIVIDADES REGULADORAS


Hoxe imos mostrarvos unha serie de actividades reguladores que van a axudar aos nenos/as con TEA (Trastorno do Espectro Autista) a calmarse e a centrar a atención.
  • Respirar (inspirar-expirar)
  • Soprar (por exemplo: facer pompas de xabón)
  • Absorber
  • Poñer caras (mover a cara, poñer caras feas...)
  • Calmar a vista con un libro con imaxes grandes...
  • As mans ocupadas: Debuxar algo e o neno/a terá que seguir o trazo colocando pedriñas, botóns ou calquera outro material
  • Exercicios de relaxación
  • Sentir consciencia dos límites do seu corpo (con masaxes, facendo presión...)
  • Apertar
  • Amasar plastilina, masas sensoriais, masa para pizza...
  • Empuxar cousas con peso
  • Tirar
  • Cargar ou trasladar peso
  • Flexionar (facer a carretilla)
  • Trepar
  • Actividades vestibulares (columpio, amaca, mecedora, saltar na cama elástica...)
  • Cantar, bailar e escoitar música
  • Practicar yoga, etc.

Para máis información podedes consultar este vídeo explicativo de Anable Cornago sacado da páxina web el sonido de la hierba el crecer.






SÍNDROME DA CABANA...........¿MEDO A SAIR POLO CORONAVIRUS?

Síndrome de la cabaña: qué es y cómo afrontarlo | Consumer

O Síndrome da Cabana trátase dun estado de ánimo caracterizado pola ansiedade e o medo sostidos no tempo, ante unha situación que nos xenera unha gran incertidume. Debido a cantide de información que reciben os nos@s cativ@s, a través dos medios de comunicación, son moit@s @s que teñen medo a sair a rúa e contaxiarse.

A continuación, recóllense unhas orientación para levar a cabo ante esta situación.
  • Falar con el/ela sobre o medo. Comentar que é normal ter medo ante situacións novas, diferentes. Explicarlle que o medo é unha emoción máis e que para vencelo debemos realizar aquelas acción que no lo procovan.
  • Respetar sinon quere sair. Debemos esperar ata cando esté/a preparado/a.
  • Animalo/a para dar pequenos pasos cada día. Un día ata o portal, outro ata o bose da beirarrua, etc. Sempre respetando o seu ritmo, animando/a, pero nunca forzando/a.
  • Establecer previamente a ruta para que sepa por donde vamos a ir. Isto daralle maior sensación de control.
  • Motivalo/a con actividades que lle poidan gustar, que lle divirtan e se anime a sair para poder facelas e por outro lao que se distraiga dos pensamentos negativos.
  • Cando volvamos, preguntarlle si lle gustou o paseo, que vexa que non pasou nada por sair. É improtante verbalizalo posto que o cerebro garda esta información e pouco a pouco irá asimilando que sair a rúa non é unha ameaza real.
  • Elaborar unha lista de cousas que descubrimos no noso paseo.
  • Falar sobre os beneficios e importancia de mover o corpo, correr, andar, saltar para estar sans.

Lembrade:
"Usade o MEDO como MOTOR, e non como FRENO"

Espero que vos sexa de utilidade. Unha aperta grande🌈


XOGOS MINDFULNESS


Que é Mindfulness:
Como Mindfulness denomínase, en psicoloxía, a concentración mental plena que pode alcanzar unha persoa.
A través do adestramento en Mindfulness podemos liberarnos de pensamentos e emocións negativas.
Ter unha mente en calma, non ten prezo.
A nosa proposta para hoxe é a realización de Xogos Mindfulness para os máis pequenos de casa, a través dos cales podemos traballar as seguintes habilidades:
Concentración.
Aquietarse.
Darse conta.
Redefinir
Mostrar interese.
Conectar.
Para acceder ao recurso , clicade sobre a imaxe.




ÁNIMO E ABRAZOS!!!!💋💛

miércoles, 27 de mayo de 2020

GUÍA PARA O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL

Recomendamos a lectura da "Guía para o acompañamento emocional na casa durante o periodo de confinamento" elaborada pola compañeira Lorena Conde Vázquez. 
Esta guía pretende ser unha axuda sobre a maneira de abordar as emocións durante o periodo de confinamento. Polo que o obxectivo principal é que os rapaces e rapazas sexan xeradores do seu propio benestar.



Para poder descargar esta guía pica sobre "Guía para o acompañamento emocional na casa"


      Xogando  e  Repasando    Matemáticas Simpáticas
Bos días, aquí deíxovos un par de ligazons interactivas onde se atopan diferentes xogos lúdicos  nos que repasar os contidos de matemáticas para 5º e 6º curso de primaria. Chámanse: Matemáticas Simpáticas 5 e Matemáticas Simpáticas 6. Espero que vos gusten. Un saludo o profesor Nicolás.

          Matemáticas Simpáticas 5         IR A

          Matemáticas Simpáticas 6         IR A

Traballamos o noso SISTEMA PROPIOCEPTIVO

O sistema propioceptivo permítenos conocer a ubicación específica de cada parte que constitue o noso corpo en calquer momento. Este sistema débese estimular dende idades tempranas
Esta capacidade é moi importante para momentos nos que se necesite actuar de forma inmediata para evitar lesións ou caídas.

COMPOSICIÓN:

  • Receptores nerviosos: onde se encontran os músculos, articulacións, ligamentos, tendóns e ósos.
  • Nerviosos aferentes: encargados de transmitir toda a información recollida polos receptores e enviala o sistema nervioso central
  • SNC:  o sistema nerviosos central procesa toda a información recibida

FUNCIÓNS:

  • Regula o equilibrio
  • Coordinar os movementos
  • Manter o nivel de alerta do cerebro


Deixovos algún xogos que estimulan o sistema perceptivos:

Para rematar deixovos un video resumo sobre o tratado nesta entrada



Ánimo💪😉Xa queda menos. 
Unha gran aperta

De película!!!!

As películas infantís sempre deixan un ensino. Ao ver tantas situacións diversas na pantalla, os nenos desenvolven a súa capacidade de pensar, estimulan a súa imaxinación e vólvense máis creativos. Ademais: 1- Axudan a ampliar o seu vocabulario. 2- Alivian a tensión. 3- Estimula as habilidades comunicativas nos nenos.. 4-Proporciona cultura xeral. 5-Permite reflexionar sobre temas difíciles. 6-Axuda a ver mellor os problemas. 7-Incrementa a creatividade en pequenos.
8- Apréndense idiomas.
A proposta para hoxe é realizar un xogo de Pasapalabra, sobre películas infantís. Para acceder ao recurso, pulsa na imaxe.

"O bo do cinema é que durante dúas horas os problemas son doutros."
Pedro Ruíz.


ESPERO QUE O PASEDES DE PELÍCULA!

martes, 26 de mayo de 2020

QUE DEBUXO FALTA?


A continuación presentámosvos este recurso sacado da páxina web de Orientación Andujar.
Esta actividade fomenta a estimulación de dúas habilidades cognitivas básicas: PERCEPCIÓN E ATENCIÓN
Consiste en atopar o estímulo visual/imaxe que non está repetida en ambos cadros.


Podedes descargar estas tarxetas picando AQUÍ


ACTIVIDADES REFORZA-T: Bos días, aquí  envíovos unha nova tanda de exercicios para realizar na casa, son voluntarios.  Espero que sexan do voso agrado e interese.  Un saludo o profesor Nicolás. 


                ACTIVIDADES 3º 17        DESCARGAR

                ACTIVIDADES 4º 17        DESCARGAR

                ACTIVIDADES 5º 17        DESCARGAR

                ACTIVIDADES 6º  17        DESCARGAR

ORIENTACIÓN PARA A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

La Dislalia | CEIP Cesar Cabañas Caballero, Recas (Toledo)

Son moitos os nenos e nenas que cando inician a etapa de educación infantil presentan unha lingaxe con múltiples dislalias.

A dislalia é un trastorno na articulación dos fonmemas, é dicir, mala pronuciación dos nenos e nenas. Este trastono da linguaxe é moi común nos cativos/as,  o máis coñecido e máis fácil de identificar. Soen presentarse entre os 3 e 5 anos.
Dislalia - Wikipedia, la enciclopedia libre

A dislalia infantil evolutiva é a que ten lugar na fase de desenvolvemento da linguaxe infantil, na que os nenos e nenas non son capaces de repetir por imitación as palabras que escoita e faino de forma incorrecta dende o punto de vista fonético. Ten varias fases dentro do desenvolvemento da linguaxe do neno/a e finalmente remata cando o neno aprende a pronunciar correctamente tódolos fonémas.

A continuación recollense unha serie de orientación para estimular o desenvolvemento correcto da linguaxe nos noso cativos e cativas de infantil.
  • Falarlle correctamente, despacio e de forma clara. Non imitar a súa forma de falar.
  • Darlle tempo para que responda as nosas preguntas ou  faga el/ela as súas propias, sempre respetando o seu ritmo de pronunciación.
  • Repetirlle todo as veces que o necesite, pero sempre de forma natural.
  • Permanecer o mais cerca posible del cando se lle fale. Poñerse a súa altura. Miralo directamente aos ollos.
  • Non corrixii inmediatamente as produción erróneas do neno/a. Utilizar a palabra con erros de pronunciación nunha frase para que a escoite ben dita. Exemplo: si o neno/a di “el pero ladra” pódeselle dicir:  “el perro que juega con ese niño ladra muy fuerte ”. Ofrecéndolle sempre un modelo correcto.
  • Evitar gritos, castigos ou comentarios despectivos relacionados coa linguaxe.
  • Reforzar positivamente e felicitar ao neno/a pola súas melloras e metas alcanzadas.
  • Importante que o nen/a oia correctamente e comprenda o que queremos dicir.
  • Non rirse nunca dos erros fonolóxicos cometidos que comete.
  • Intentar que o neno/a sinta que o comprendedes, esforzándonos por comprendelo/la e que o neno/nena non se sinta frustado.
  • Aproveitar as ocasións nas que o neno/nena disfruta contigo para falar con el/ela, xogar con el/ela, lerlle contos, debuxar,..
  • Realizar actividades motivadoras e atractivas co cativo ou cativa, sobre todo aquelas que provoquen e estimulen a linguaxe espontánea.
  • Pedirlle o neno/a que nos explique o que está vendo, o xogo co que está xogando, …. Co fin de conseguir compartir cousas con el/ela.
  • Despois de facer unha actividade interesante para o neno/a: excursión, viaxe, cumpreanos,… comenta con el/ela todo o que ocorreu, que foi o que mais lle gustou, como o pasou, etc.
  •  Mirar coa nena ou neno contos, revistas e que diga o nome dos obxectos que aparecen nas imaxes.
  • Contarlle contos facendo partícipe, pedíndolle axuda nalgún momento e facéndolle preguntas.
  • Ensinarlle cancións, adiviñas, refráns,….
  • Ver coa nena ou neno un programa infantil de TV e preguntarlle sobre os persoaxes que aparecen, como se chaman, que fan,…
  • Xogar co neno/nena a imitar son do entorno, de animais, ensinándolle de onde proceden e animalo/la a imitalos.
  • Xogar co neno/nena a facer movementos cos labios, como dar un bico, soprar por unha palliña, facer pompas de xabón, lamber os labios, sacar a lingua fora da boca e subila ata o nariz, etc.
  • Establecer unha rutina e hábitos de orde: que facemos despois de comer, antes de deitarnos, onde se colocan os xoguetes despois de xogar, etc.

LEMBRADE:
▷ 50 Frases zen para mejorar tu calidad de vida | DEBUDA.NET
Unha gran aperta😉💋


Vocabulary Quiz:   “At the Supermarket”

Bos días, aquí déxovos unha nova ligazón dinámica e divertida para practicar o vocabulario relacionado cos supermercados  ou “at the supermaket en Inglés. Dentro da mesma poderedes non so visualizar a través de flashcards alguhas das diferentes persoas que alí  traballan, diferentes seccións que podemos atopar ou mesmo  distintos utensilios que utlizamos a diario para facer a compra. Do mesmo modo tamén poderedes practicar o writing e a súa pronunciación. Foi realizado coa plataforma Quizlet. Espero que vos guste. Un saludo.




                    At the supermarket quizlet:          IR A

AMAR : CONTO E ACTIVIDADES

En época de confinamento, a editorial Palabras Aladas regalounos este marabilloso libro : AMAR .
Neste conto defínese o que é a dozura, a estima, o coidado, a dedicación, a xenerosidade, a liberdade, a vontade, o compromiso, o bo humor e outros moitos conceptos máis que , estou segura , van gustar.
Para acceder ao libro , pulsade na imaxe.
Ademais do libro, ofrécenos a posibilidade de crear en
familia, A ÁRBORE DO AMOR.
Pulsade na imaxe
Tamén nos suxiren un banco de actividades: 40 fichas para traballar sobre o libro. Pódense descargar unha a unha ou todas xuntas.
Para acceder ao recurso pulsa na imaxe.




UNHA FORTE APERTA !!! 😊💗

lunes, 25 de mayo de 2020

MOTRICIDADE GROSA

Fai cousa de dúas semanas presentabámosvos unha serie de actividades para traballar a motricidade fina. Hoxe deixámosvos varias actividades para trabajar cos máis pequenos a motricidade grosa.
A motricidade grosa é a habilidade que unha persoa vai adquirindo dende pequeno para mover de xeito harmónico os músculos do seu corpo e manter o equilibrio, ademais de adquirir axilidade, forza e velocidade nos seus movementos.

ACTIVIDADES TIPO:

  • Xogar con pelotas, rodalas, lanzalas...
  • Xogos de chan, xogos populares como: o gato e o rato, a rayuela, sen que che roce, estatuas, o tren... onde aprendan a manter o equilibrio e a coordinación. 
  • Realizar bailes. 
  • Subir e baixar escaleiras.
  • Xogar aos zancos con latas.
  • Crear un circuíto con aros.
  • Liñas. Con cinta adhesiva crea distintos tipos de liñas. O neno/a terá que camiñar sobre estas liñas, tentando non saírse delas.
  • Batalla de globos en familia.
  • Saltar con dous e cun pé, andar, correr.
  • Gatear e arrastrarse.
  • Montar en bicicleta.
  • Percorrido con obstáculos.
  • Dar patadas a un balón.
  • Xogar aos birlos
  • Lanzamento de globos
  • Lanzamento dunha pelota a través dun pneumático
  • Dar pasos imitado a animais. Por exemplo: dar pasos de elefantes…
  • Saltar á corda







ACTIVIDADES CON SINFÓNS



Aquí deixovos novos materiais para que podedes seguir repasando dende a casa. Neste caso son novos enlaces a materiais para traballar os sinfóns ou sílabas trabadas.
Deixovos enlaces novos: LECTURA PR LECTURA PL LECTURA GR LECTURA GL LECTURA FL LECTURA DR LECTURA CR LECTURA CL LECTURA BR Trabalenguas sinfones R Trabalenguas sinfones L Cuentos con sinfones y preguntas de comprensión




Conto infantil: MALO MALOTE

Pin en dual

Hoxe deixovos un conto infantil a través do cal se explica de maneira sinxela, divertida  e comprensible que é o virus COVID-19 e cales son as súas consecuencias.

Os contos permiten aos nenos e nenas:

  • Amplia a capacidade de comprensión e percepción.
  • Ejercita a memoria infantil
  • Fomenta a creatividade
  • Favorece o desenvolvemento afectivo
  • Crea un clima de que favorece o entretemento e a relaxación
  • Desenvolve a linguaxe comunicativo, estético e creativo.




Espero que vos guste😉😊