jueves, 7 de mayo de 2020

TÉCNICA DE ESTUDIOS: ESQUEMAS

O esquema relaciona e representan, de forma clara e visual, as ideas principais e secundarias dun texto, é dicir, unha representaciín gráfica, xerarquizada e simplificada dos contidos obxecto de estudio máis importantes e as súas interrelacións.

O seu obxectivo é obter unha visión de conxunto do tema, global e concreta a vez, reconstruindo o esqueleto do mesmo. Permite captar dun vistazo a información relevante.

As características que debe cumprir un bo esquema son:
  • teñen que estar integradas tódalas ideas principais
  • ir encabezado polo título do texto ao que corresponda(tema ou apartado)
  • as ideas principais deben estar destacada e relacionadas con claridade
  • ten que seguir unha estrutura lóxica, con ideas principais e secundarias ben organizadas.
  • debense empregar palabras claves ou  frases curtas, concretas e directas do tema que vamos a estudar
  • realizarse nun único folio e poder archivarse
  • representación debe ser limpa para que se poida comprender o contido con rapidez
  • dun só vistazo, debe poder lerse tódolas ideas e ver a sua estrutura.

Tipos de esquemas:
1. Lineal:  utilizase para estruturar temas con distintos contidos e que establecen poucas subdivisións entre os conceptos que se desarrollan. A información obxecto de estudio pode ordearse mediante códigos numéricos, letras ou mixtos.
 esquema lineal
2. Gráfico: empregase para clasificar a información cando se poidan realizar varias subdivisións, dende o máis ceral a máis particular. A través desde esquema implicamos a memoria vsual, polo que estamos a contribuir na mellora do recordo. Este tipo é o que máis se usa para estudiar.

esquema grafico
3. Diagramas: os contidos organízanse abaixo, e,rpegando frechas para mostrar as relacións entre os distintos conceptos ou datos. Son moi útiles para representar o desenvolvemento dun proceso ou a evalución dun concepto.

esquema diagrama

Os pasos para realizar un bo esquema son:
  1. Facer un subliñado das ideas principais e secundarias do tema que vamos a estudiar.
  2. Elixir o tipo de esquema que vamos a empregar
  3. Pensar o título do esquema, debe ser unha síntese do tema.
  4. Dividir o texto en apartados xerais e subapartados. 
  5. Poñer cada idea nun apartado distinto e formulala con brevedade e precisión, empregando palabras clave ou frases cortas e directas.
Agora tócavos prácticar a vos. Ánimo 💪😉
Recordade que: "o único imposible é aquelo que non intentas"


No hay comentarios:

Publicar un comentario