lunes, 11 de mayo de 2020

Sistemas de recompensa para fomentar o bo comportamento nos nenos e nenas

Moitas veces os nosos cativos e cativas teñen un comportamento que non é adecuado ou o que nos esperamos, cando esto ocorre é o momento de aplicar determinadas estratexias que poden servir para lidiar coa situación sen perder os nervios. 

Os sistemas de recompensas son unha fantástica estratexia de modificación de conduta cando é necesario cambiar o comportamento dos nosos nenos/nenas. Estes sistemas ensinan aos nenos e nenas a aceptar a reponsabilidade do seu propio comportamento. 

A utlización dun sistema de recompensas é unha excelente maneira de motivar aos nenos e nenas para que desenvolvan bos hábitos e eviten o mal comportamento.
Encontrar a recompensa adecuada para motivar a un cativo ou cativa é outra parte importante da implementación dun programa de recompensas para que teña éxito, é dicir, a recompensa debe ser o suficientemente significativa como para motivar, pero sin que sea algo desproporcionado, trátase de buscar cousas sinxelas. Por exemplo, cousas como pasar máis tempo en familia.
Debemos ter en conta que as recompensas deben asociarse cun premio por un bo comportamento, pero nunca como un "soborno" para deter o mal comportamento ou forza o bo.
A continuación, presentovos unha serie de sistemas de recompensa sinxelos e útiles para estimular o bo comportamento dos nosos pequenos e pequenas.

1. Regras na casa: establecede unha serie de regras para levar a cabo na casa. Estas, deben ser cumpridas e levarán asociadas unha serie de recompensas que poden establecerse, por exemplo, ao final da semana. Cada vez que se vaian cumprindo normas iranse engadindo pegatinas como sistema de conteo.Deixovos un ejemplo dun posible calendario de reglas.
Las reglas o normas de convivencia en casa | Normas de convivencia ...

2. O semáforo: nunha pizarra ou tablón apuntanse os nomes do neno ou nena. O lado de cada nome debemos crear un bolsillo con cartulina ou fieltro para gardar tres tarxetas: vermellla, amarelo e verde. 
powerfulives on Twitter: "El semáforo de las emociones. Cuan ...
  • Verde: aloubanza: "estalo a facer ben"
  • Amarelo: adevertencia
  • Vermello: asociado a algunha consecuencia, explicada ao principio, por mal comportamento ou incumplimento constante das normas que se estableceran e acordado previamente.

3. Xogo de puntos: creade un taboeiro ou cartulina inspirado nalgún tipo de xogo ou debuxos que lle gusten os vosos/as fillos/as. Cada vez que o neno/nena se porte ben recibirá un punto(emoticono, estrela, medalla, etc)que debe reflexarse no tablón. Ao cabo de certo número de puntos, porderase elixir a realización dalgunha actividade divertida en familia.
Programa de economía de fichas: Diferentes modelos y diseños ...


4. O frasco de canicas: Buscade un tarro e utilizalo para gardar canicas ou pompóns de cores. Cada vez que o cativo ou a cativa faga algo bo, podrá coller unha canica ou pompón e metelo no frasco. Cando o frasco este cheo, podese facer algo divertido(xogo, manualidade, viaxe, paseo, ver unha película, ir o cine) ou cambialo por un doce.
Las Perlas Emocionales – Escüela Divergente


 5.Pauciños de madeira positivos: nos paus depresores escribimos frases bonitas e pintamolos de cores. Cada vez que  o neno ou nena mostre un comportamento positivo, entregaraselle un pauciño. Cando reciva unha cantidade de pauciño, establecida con anterioridade, poderá cambiarse por un doce, xoguete que ao neno ou nena lle guste.
Sorpresa para el 14 de febrero: 100 cosas que me gustan de tí ...

Espero que vos guste. 😉
Recordade: que para lograr algo hai que intentalo!
Unha aperta grande💪💚💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario