A continuación mostrámosvos unha serie de actividades para traballar a comprensión lectora. Estas actividades poderíamos devidilas en actividades previas, durante e posteriores á lectura.
Destacamos por exemplo actividades como:
- Preguntas directas, indirectas, que impliquen facer inferencias.
- Preguntas de verdadeiro/falso, de opción múltiple...
- Preguntas de opinión persoal, abertas.
- Completar oracións, parágrafos, continuar a historia...
- Cambiar o título do texto, inventar novos títulos.
- Identificar a idea principal do texto e as ideas secundarias.
- Dividir o texto en partes, identificando presentación, nó e desenlace.
- Descompoñer o texto e ordenalo de novo.
- Facer unha liña cronolóxica, liña biográfica.
- Facer debuxos para acompañar o texto.
- Facer unha liña de imaxes.
- Relacionar debuxos dados coa historia, unir palabra/imaxe.
- Poñerlle o texto a unha historia feita con viñetas.
- Facer comentarios a pé de foto, imaxe, ilustración...describilas.
- Facer unha liña argumental con palabras clave.
- Aumentar a historia.
- Baralla de preguntas sobre o texto.
- Parada en tres minutos aplicada a comprensión lectora.
- Esquematización dun conto.
- Ler unha historia e ordenar viñetas cronoloxicamente.
- Buscar absurdos nun texto
- Resumo do texto coas súas palabras.
- Facer un diagrama de fluxo, diagrama argumentativo.
- Tendal de palabras clave do texto...
No hay comentarios:
Publicar un comentario